15 de dec. de 2020

O ROSAL

A maior parte da hostalería rosaleira súmase ao servizo para levar tras o peche obrigatorio a partir das 17 horas 

O Concello do Rosal dá a coñecer os establecementos que dispoñen deste servizo estes días, así como os horarios 

 


Infogauda / O Rosal

 Ante as novas medidas restritivas establecidas polas autoridades sanitarias tras o peche perimetral conxunto do Rosal, Tomiño e A Guarda, parte da hostalería do municipio decidiu manter a súa actividade ofertando comida preparada para levar ben recollendo no establecemento ou servindo a domicilio. Dende o Concello facemos unha relación actualizada dos bares e restaurantes rosaleiros que dispoñen nestes intres de servizo para levar: 

•    A Competencia: encargos antes das 17.00 horas. 

•    A do Quesy: venres, sábados e domingos de 19.00 a 20.00 horas 

•    Quiosco O Chiringo: café e refrescos para levar en horario habitual. 

•    Floro: venres, sábados e domingos de 19.00 a 20.00 horas. 

•    O Lagar, en Eiras: venres, sábado e domingo tamén con servizo a domicilio. Para recoller no local encargos ata as 20.30 horas e recollida ata as 23.00 horas. 

•    O Rolete: sábados, domingos e festivos de 20.00 a 22.30 horas soamente durante o mes de decembro. 

•    Restaurante Juan: de 19.00 a 23.00 horas. 

 Dende o Concello queremos trasladar todo o noso apoio á hostalería, un dos sectores que tamén está a pasar por un dos seus momentos máis difíciles coa actual realidade sanitaria por mor da pandemia. Moitas grazas a todos e todas polo voso esforzo e pola vitalidade coa que seguides loitando por saír adiante aínda nas circunstancias máis adversas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario