3 de xul. de 2020

A GUARDA

Orpagu e Abanca renovan a súa colaboración co propósito de garantir a sostibilidade do sector  

· Grazas a produtos como a hipoteca naval, que busca contribuír no proceso de renovación da frota, as dúas entidades impulsarán a substitución por embarcacións máis eficientes o por tanto cunha menor pegada no medio ambiente.  

De esq. a der.: Juan Jesús González, Joaquín Cadilla e Javier Fraga


Mar Bermúdez / A Guarda

 A Organización de Palangreiros Guardeses (Orpagu) e Abanca veñen de renovar un ano máis o seu convenio de colaboración, buscando preservar e impulsar o desenvolvemento da actividade. O convenio pon o acento no crédito, xusto nun momento clave para o colectivo. Logo da crise sanitaria, que xerou un importante impacto na economía, os profesionais de Orpagu  contarán con condicións melloradas na contratación de produtos de ABANCA tanto para poñer en marcha novos proxectos, como para  promover a mellora competitiva dos actuais.  

 De feito, nas últimas semanas, o equipo de Abanca Mar mantivo un contacto fluído con Orpagu para coñecer de primeira man as súas necesidades máis perentorias e as perspectivas cara ao futuro. Unhas comunicacións a distancia que permitiron adaptar a oferta financieira ás súas demandas e que se materializan en produtos específicos, con carencias no financiamento ou a tramitación máis rápida e sinxela de expedientes. 

 Unha das liñas máis destacadas de traballo consiste en garantir a mellora da sostibilidade do sector. Grazas a produtos como a hipoteca naval, que busca contribuír no proceso de renovación da frota, as dúas entidades impulsarán a substitución por embarcacións máis eficientes o por tanto cunha menor pegada no medio ambiente.  

 O acordo tamén inclúe outras opcións como pólizas de crédito, préstamos persoais, anticipos de subvencións, leasing mobiliario, liñas de comercio exterior, confirming, avais ou liñas de desconto. Todo iso sen esquecer os seguros personalizados para este colectivo ou as opcións de financiamento a través de convenios oficias que a entidade mantén con ICO, Igape e as SGR galegas. 

 O presidente de ORPAGU, Joaquín Cadilla Castro, e o director de Abanca Mar, Javier Fraga, rubricaron na Guarda o acordo que renova a aposta que mantén a entidade financeira co sector primario galego. No acto tamén estivo presente Juan Jesús González, director da oficina de Abanca na Guarda.

Ningún comentario:

Publicar un comentario