O Concello dará a benvida ao Nadal
Este xoves día 5 de decembro, a partir das 18:00 horas, na Praza do Reló
De esq. a der.: Fátima Rodríguez Marcos, concelleira de
Comercio e Desenvolvemento Local; Antonio
Lomba Baz, alcalde da Guarda; e Mª Montserrat Magallanes Álvarez,
concelleira de Cultura, na presentación da Axenda de Nadal
Fotos: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
Fotos: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
A Casa dos Alonso acolleu ao mediodía de hoxe a presentación da Axenda coa programación para este Nadal 2019/20, que ven cargado de actividades para nenos e maiores.
Nese acto interviron Antonio Lomba Baz, alcalde da Guarda; Fátima Rodríguez Marcos, concelleira de Comercio e Desenvolvemento Local; e Mª Montserrat Magallanes Álvarez, concelleira de Cultura.
Tal e como quedou de manifesto A Guarda terá un Nadal moi especial este ano, repetindo a Pista de Xeo na Alameda da vila, incorporando un Mercado de Nadal na Praza de Avelino Vicente González e un espazo para obradoiros e actividades infantís na Praza de Juan Bautista Alonso Español. E para por o broche final, unha Cabalgata de Reis Magos moi especial.
As actividades programadas arrancan xa na xornada deste xoves día 5 a partires das 18:00 horas na Praza do Reló, coa actuación de Mere-Clown co espectáculo “Aparvaolimpiadas”, o acendido do alumeado de Nadal e o concerto infantil de “Luis Vallecillo”.
Variedade de propostas para todas as idades
Entre as actividades culturais destacan animación e ludoteca para nenos/as, concertos para a mocidade, cantos de Nadal e concertos do conservatorio.
Tamén cabe destacar a implicación por parte das asociacións, que colaboran como cada ano na decoración das prazas na campaña Decora o Teu Nadal e acompañando ós Reis Magos na Cabalgata do día 5 de xaneiro, ou organizando mercadillos solidarios, exposicións, chocolatadas e sorteos de cheques regalo.
Contaremos ademais como no ano anterior cunha Pista de Xeo na Alameda da Guarda, e como novidade deste ano, un Mercado de Nadal na Praza de Avelino Vicente e acompañamento das carrozas de “La Fiesta Escénica” na Cabalgata de Reis cun percorrido que comezará ás 18:00 horas dende a Alameda ata o concello .
Este ano preténdese sacar á rúa a programación de actividades de Nadal, xerando un maior movemento de persoas pola vila, favorecendo a mobilidade de veciños e visitantes polo casco urbano e incentivando as compras no comercio local.
Pista de Xeo na Alameda
A Alameda da vila contará novamente cunha pista de xeo que estará en funcionamento do 5 de decembro ao 19 de xaneiro.
O horario da pista de xeo será de Luns a venres de 16:00 a 21:30 horas e as fins de semana de 12:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:30 horas, cun horario especial para o 25 de decembro, 5 e 6 de xaneiro de 16:00 a 21:30 horas e os días 24 e 31 de decembro de 12:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas.
Este ano establécese un sistema de puntos que permitirá facer promocións a través das empresas locais. Cada entrada para a pista de xeo terá un custo de 7 puntos e cada punto terá un valor de 1€.
Todos aqueles comercios que desexen dispor de puntos para a pista de xeo poderán mercar os que desexen na empresa colaboradora - Informática San Benito - no teléfono 986 60 89 20. Tamén se poderán mercar in situ na pista de xeo.
As empresas que se adhiran ao sistema de puntos deberán de manter o seu compromiso de dispor de puntos nos seus establecementos ao longo da duración da campaña de Nadal, do 5 ao 19 de xaneiro, o seu reparto entre os seus clientes queda á elección de cada comerciante. Os puntos que non se consuman ao remate da campaña serán reembolsados. Cada local participante aparecerá nunha lona na propia pista de xeo e terá un cartel anunciador da campaña no seu establecemento. Tamén se disporá de espazos publicitarios no interior destas instalacións, un lugar para dar visibilidade aos servizos e produtos das empresas que desexen incluír publicidade alí.
Dende o Concello da Guarda recórdase ao comercio e ao sector hostaleiro o importante esforzo económico que supón traer novamente á Guarda unha pista de xeo, polo que se pide a súa colaboración e implicación para facer que o seu funcionamento sexa o agardado e se converta nunha tradición do Nadal guardés.
Coa instalación desta Pista de Xeo preténdese incentivar o consumo e as estancias de visitantes na Guarda, nunha das épocas de maior afluencia e máis importantes para o tecido económico guardés como é o Nadal.
AXENDA DE NADAL
2019/20
DECEMBRO
- XOVES 5 DECEMBRO
Acendido do Alumeado coa actuación
de Mere-Clown “Aparvaolimpiadas” e “Luis Vallecillo” concerto infantil.
Na praza do reló a partir das
18:00 h. (ás 19:00 encendido de luces)
- XOVES 12 DECEMBRO
Anotación de paxes reais para
participar na cabalgata de reis
No Rexistro Xeral ou Sede
Electrónica a partir das 9:00 h
Actuación do Coro Infantil do
Conservatorio
Na Praza do Reló ás 20:00 h.
- SÁBADO 14 DECEMBRO
Mercadillo de Conrazones
Na Praza do Monterreal de 10:00 a
18:00 h.
- DOMINGO 15 DECEMBRO
Mercadillo de Conrazones
Na Praza do Monterreal de 10:00 a
18:00 h.
- XOVES 19 DECEMBRO
Obradoiro “Agasallos de nadal”
Na casa dos Alonso ás 18:00
(inscripción previa en información@aguarda.es, maiores de 12 anos)
Concerto de Nadal do Conservatorio
No Centro Cultural ás 20:00 h.
- SÁBADO 21 DECEMBRO
Chocolatada ACIGU
No Monterreal a partir das 10:00
h.
Cantos de Nadal nas prazas cos
Grupos Folclóricos da vila.
Recorrido: Alameda – Avelino
Vicente – Praza do reló, a partir das 18:30 h.
- DOMINGO 22 DECEMBRO
Concerto de Panxoliñas.
Na Igrexa Parroquial ás 17:00 h.
- LUNS 23 DE DECEMBRO
Ludoteca de Nadal.
Nas carpas do Monterreal de 16:30
a 19:30 h.
- MARTES 24 DE DECEMBRO
Ludoteca de Nadal
Nas carpas do Monterreal de 10:00
a 13:00 h.
- XOVES 26 DE DECEMBRO
Tarde de Xogos de mesa con
Brazolinda.
Nas Carpas do Monterreal ás 16:30
h.
Barferencia «Juan Bautista Alonso Español (1801-1879) por Joaquín Manuel Villa Álvarez.
No bar A Bodega ás 20:30 h.
- VENRES 27 DECEMBRO
Espectáculo Infantil de Clown
“Cartoons”
No Centro Cultural ás 17:30 h.
- SÁBADO 28 DECEMBRO
Concerto de Indie Rock co grupo
Inertes.
Na Praza do Reló ás 20:00 h.
- LUNS 30 DECEMBRO
Ludoteca de Nadal
Nas carpas do Monterreal de 16:30
a 19:30 h.
- MARTES 31 DE DECEMBRO
Ludoteca de Nadal
Nas carpas do Monterreal de 10:00
a 13:00 h.
XANEIRO
- XOVES 2 XANEIRO
Obradoiros de Nadal
Nas Carpas do Monterreal ás 16:30
h.
Chocolatada ACIGU
No Monterreal a partir das 16:30
h.
- VENRES 3 XANEIRO
Concerto Infantil “Nadal con Paio
e Aurelio” - Oviravai.
Na praza do reló ás 17:30 h.
- SÁBADO 4 XANEIRO
Concerto de Electro Pop co grupo
Presumido
Na Praza do Reló ás 20:00 h.
- DOMINGO 5 XANEIRO
Cabalgata dos Reis Magos e
Recepción Real. Acompañados polas Asociacións Guardesas.
Dende a Alameda da Guarda ata a
Casa dos Alonso ás 18:00 h.
EXPOSICIÓNS
- Exposición dereitos Humanos e
Diversidade afectivo sexual e de xénero.
Na Casa dos Alonso do 4 ó 18 de
decembro. De 10 a 14 e de 17 a 20 horas.
- Exposición O Teu Xacobeo – Cruz
Vermella Baixo Miño
Nas carpas do Monterreal o 20 e 27
de decembro e 3 de xaneiro de 10:00 a 13:00 h.
- Exposición de Pintura
“A neta do Camilo”
Na Casa dos Alonso do 21 de
decembro ó 4 de xaneiro. En horario de
apertura do Concello.
E ADEMAIS…
PISTA DE XEO
Do 5 de Decembro ó 19 de Xaneiro
Na Alameda
MERCADO DE NADAL
Do 13 de Decembro ó 6 de Xaneiro
Na Praza de Avelino Vicente (As de
Copas)
Ningún comentario:
Publicar un comentario