Previsións da CIG de Vigo

Estas son ás previsións da CIG de Vigo para os vindeiros días:
Luns 28, martes 29 e mércores 30 ás 9:15 horas: concentración diante dos xulgados de Vigo en solidariedade cos traballadores/as da cafetería do Meixoeiro denunciados polo empresario por supostas coaccións. A acusación pídelles a 13 deles/as (a maioría afiliados/as da CIG) penas de entre 10 meses e case catro anos de cadea (dous anos por coaccións e dous anos por pintadas) e unha multa que ascende en total a case 800.000 euros.
Luns 28 ás 11:00 horas: rolda de prensa no local da CIG de Vigo (Gregorio Espino, 47) para analizar os últimos datos da EPA, que reflicten a evolución moi preocupante da situación socioeconómica e laboral da comarca. Comparecerá o secretario comarcal da CIG, Alberto Gonçalves.
Luns 28 ás 19:00 horas: asemblea do persoal do sector de panaderías e pastelerías para abordar o estado das negociacións do convenio colectivo provincial e para decidir as medidas a tomar ante a pretensión da patronal de recortar dereitos laborais. A asemblea terá lugar na sede da UGT de Vigo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario