7 de ago. de 2019

GONDOMAR

XEIRAS ALEN MIÑOR 2019 

XEIRA XXIII 

COSTA DA MORTE 

19/20 OUTUBRO de 2019
 



 IEM / Gondomar

Itinerario aproximado sábado  

Brandomil (ponte sobre o Xallas), pasado romano.  
Baíñas, senlleira feira comarcal, espazo literario.  
Dolmen de Regoelle, Pedra da Arca.  
Pedra do Brazal (panorámica do esteiro do Xallas)/ Petróglifo de Pedra Longa.  
Petróglifo de Pedra Longa.  
Miradoiro do Ézaro (Historia das centrais eléctricas, Monte Pindo e Fervenza do Xallas).  
Museo da Fundación Fernando Blanco de Lema.  
Visita a Igrexa de San Marcos de Corcubión/ Faro Fisterra. 
 
Itinerario aproximado domingo 

Museo da Pesca de Fisterra. 
Percorrido por Muxía. Paseo desde o Cabo da Grixa até o santuario da Virxe da Barca. Visita a un secadoiro de congro.  
Moraime (Igrexa románica, pinturas, busto de Asorey e restos arqueolóxicos). 
Boallo e Berdoias, aldeas singulares. 

CARACTERÍSTICAS DA XEIRA  
GUÍA: MANOLO VILAR (director do Museo do Pobo Galego)   SAÍDA DO AUTOCAR Sábado: 8:00h de Gondomar, desde a explanada do Pavillón de deportes.  
CHEGADA: Domingo, aproximadamente ás 22.00h, ó mesmo lugar de partida.  

Para anotarse á Xeira haberá que chamar ao IEM ao teléfono 986 360575/627 276816, de luns a venres de 18.00 a 21.00, ou escribir un correo electrónico a oficina@iem.gal.  

Prazas mínimas:35 

Aberto o prazo de inscrición até un total de 56 prazas. Non se reserva praza ate que estea aboada a xeira. 

As baixas que se realicen con menos de 48 horas antes do comezo da xeira non se lles aboará o importe da mesma. 

• PREZO SOCIOS/AS:   120 euros. 

• PREZO NON SOCIOS/AS: 130 euros. 

Nº DE CONTA IEM: ES95 2080 5035 0730 4001 4164 

 O prezo inclúe a viaxe en autobús, hotel (Fisterra), almorzo do domingo, comidas do sábado  e domingo (Corcubión e Muxía), seguro, xantar, as visitas e guías. En caso de solicitar habitación individual haberá que abonar un incremento de 15 euros.                         

Ningún comentario:

Publicar un comentario