7 de ago. de 2019

A GUARDA

O Concello entrega os últimos premios da Educación 2019  


O alcalde Antonio Lomba Baz e a concelleira de Educación Fátima Rodríguez Marcos - a der. de imaxe - , coas alumnas que recolleron seus premios  
Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 Este mércores día 7 de agosto realizouse na Casa dos Alonso a entrega dos dous últimos Premios da Educación 2019 que o Concello de A Guarda entrega ao alumnado empadroado no Concello e que finaliza Primaria, Secundaria, Bacharelato e Ciclos de formación profesional cos mellores expedientes académicos.   

 Neste caso entregáronse os premios a Claudia Gómez Lomba, de 4º da ESO, e Olalla Fuentefría Jareño, do Ciclo Formativo de Grao Superior de Administración e Finanzas, ámbalas dúas alumnas do IES A Sangriña.   

 Desde o executivo municipal que preside o alcalde Antonio Lomba Baz relembran que "estes recoñecementos entréganse co ánimo de incentivar o estudo e reforzar actitudes e hábitos relacionados co traballo, esforzo, participación e convivencia entre as persoas mozas do Concello da Guarda".

Ningún comentario:

Publicar un comentario