Na V edición do Galifornia Beat
A cultura urbana encheu o porto guardés
O rosaleiro Gabriel Marcelli, fixo unha exhibición espectacular
Fotos: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
A pasada fin de semana a pista de patinaxe Atalaia, preto da Fontiña, no porto guardés acolleu a V edición do Galifornia Beat, que congregou a unha gran cantidade de público cunha ampla variedade de actividades e disciplinas deportivas, conxugadas con arte urbano e outras manifestacións artísticas, o que lle da un atractivo singular e especial.
Este evento ven a demostrar que a práctica deportiva é un nexo de unión para moitas xeracións da nosa localidade e repercute favorablemente en hábitos saudables.
Baixo a organización da Asociación Cultural Galifornia Beat, a pista de patinaxe Atalaia congregou este ano concertos, exhibicións deportivas, grafitti, oferta gastronómica,..., nunha superficie total de 30.000 m2.
O V Galifornia Beat comezou o venres ás 14:00h coa apertura da pista para a práctica libre deportiva. Ás 19:00h tivo lugar o Best Trick, seguido da batalla de galos e concertos pola noite coas actuacións dos grupos Hugx & Holden, Fast Fuzz, Samesugas, Los Bengala e The Pretty Shirts.
A pista de patinaxe Atalaia centrou ás actividades do Galifornia Beat
Xa na xornada do sábado realizouse o aberto e Open Sub-14 e Basket e a Escola de Patinaxe para nenos e nenas na que un profesional ensinou aos máis pequenos como iniciarse na práctica da patinaxe.
Ao mediodía o grupo Indy Tumbita & The Voodoo Bandits foron os encargados, xunto cun Dj, de amenizar unha sesión vermú.
Pola tarde tivo lugar o Open de Skate e o Open de Street, seguido dunha exhibición espectacular de trial de Gabriel Marcelli (O Rosal, 04.02.2000).
Mais tarde tiña lugar o Open de Bowl e a entrega de premios, para rematar cos concertos dos grupos Spoonfull e The Soul Jacket.
Ningún comentario:
Publicar un comentario