Dentro da campaña Mulleres en Acción – Violencia Zero, promovida dende a Deputación de Pontevedra
A Praza do Reló acolleu a representación artística de «Rosa» de Nuria Sotelo
Nuria Sotelo en plena representación da peza «Rosa»
Fotos: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
Na tardiña de onte xoves día 1 de agosto, a Praza do Reló acolleu un acto enmarcado na campaña Mulleres en Acción – Violencia Zero promovida dende a Deputación de Pontevedra e na que colabora o Centro de Información á Muller de A Guarda (CIM) por terceiro ano consecutivo.
A artista convidou ao público, que interactuou con ela, facendoos partícipes desta acción
Esta actividade contou coa representación da peza «Rosa» da artista Nuria Sotelo. Unha acción de danza-teatro na que se aborda, a través do movemento da intérprete e da mobilización espacial do público, conceptos sexolóxicos como a intersexualidade, a convivencia entre sexos e os rasgos e modos dos suxeitos, pondo en cuestión xerarquías e preconceptos establecidos. A artista convidou ao público, que interactuou con ela, facendoos partícipes desta acción.
NURIA SOTELO
Intérprete de danza e teatro, buscadora de linguaxes escénicos e impulsora da Cía. de danza-teatro Licenciada Sotelo.
Ligada á danza dende a súa infancia a través do ballet, continúa coa súa formación en danza contemporánea nas Aulas de danza e Teatro de las Universidades de Santiago de Compostela e Ourense así como en eventos internacionais.
Como intérprete traballa en compañías de danza e de teatro: Centro Coreográfico Galego, Femme Fatale, Experimentadanza, Teatro Resoante, Elefante Elegante, Matarile Teatro.
Premios:
Certame Coreográfico de Madrid 2017. Premiada como coreógrafa pola peza Ensayo amor.
Premio de interpretación Maruja Villanueva 2017 do Concello de Padrón
Combina actividade escénica coa docencia nos campos do corpo, danza e a creación escénica, traballando con adultas, adolescentes, profesionais da escena, grupos de integración e familias.
Actualmente inmersa no proxecto "A Casa Vella", espazo residencia artística e infiltración social a través do corpo e o arte no rural alaricano.
Ningún comentario:
Publicar un comentario