XESTIÓN DEMOCRÁTICA PROPON A ADHESIÓN DO CONCELLO DA GUARDA A REDE ESPAÑOLA DE CIDADES INTELIXENTES
Xermán Cordero Verde, presidente do Comité Municipal de A Guarda de Xestión Democrática
Infogauda / A Guarda
"Xestión Democrática, segue traballando no Proxecto Ecoloxía Urbana, un proxecto que intenta modificar con pequenas accións o modelo de ecoloxía urbana e o modelo urban no concello da Guarda", así o ven de afirmar Xermán Cordero Verde, presidente do Comité Municipal de A Guarda.
Nesta ocasión veñen a propor a adhesión do Concello da Guarda a Rede Española de Cidades Intelixentes (RECI) plataforma onde están urbes como A Coruña, Lugo, Santiago de Compostela entre outras. O obxectivo desta plataforma e a xestión automática e eficiente das infraestruturas e os servizos urbanos, así como a redución do gasto público e a mellora da calidade dos servizos, conseguindo deste xeito atraer a actividade económica e xerando progreso, o que hoxe en dia se coñece como unha Cidade Intelixente.
Dende o partido político xa recordan que baixo este proxecto se presentou unha moción onde se solicitaba o Concello da Guarda a Creación de un Plan de Movilidade Urbana Sustentable, onde entre outras medidas se solicitaba a creación dun carril bici, e a Zona 30 para o casco urbana.
O presidente de XD, Xermán Cordero Verde vai a facer unha ronda de contactos cos distintos grupos que están representados no concello para que no mes de setembro se podan levar a pleno as dúas mocións, que dende Xestión Democrática cremos necesarias xa non para o futuro xenon para o presente dos guardeses.
Ningún comentario:
Publicar un comentario