1 de xul. de 2019

O ROSAL

ABERTO O PRAZO DE RESERVA DE MATRÍCULA

NA ESCOLA DE MÚSICA DA AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL 

Agrupación Musical do Rosal

 Do 25 de xuño ó 9 de xullo, de 11:30 á 13:30 horas, está aberto o prazo de reserva de matrícula para o curso 2019/2020 na Escola de Música da Agrupación Musical do Rosal. A Escola de Música da Agrupación Musical do Rosal está autorizada pola Xunta de Galicia e como tal figura inscrita co código de centro 36000843 no rexistro de escolas de música.  

 As materias que se imparten son as seguintes: 

- Iniciación Musical (de 3 a 7 anos) 
- Linguaxe Musical (a partir dos 8 anos: 1º, 2º, 3º, 4º e 5º) - Solfexo para adultos 
- Harmonía 

- Instrumento (clases individuales impartidas por profesorado de cada especialidade): Óboe, Frauta, Clarinete, Saxofón, Fagot, Trompeta, Trompa, Trombón, Bombardino, Tuba, Violoncello, Contrabaixo, Percusión, Piano, Guitarra, Gaita. 

- Agrupacións:   
Minibanda   
Banda Infantil   
Música de Cámara   
Coro Infantil (a partir dos 3 anos)  
Coro de Adultos   
Grupo de Pandeiretas  

 A escola ofrece descontos do 50 % para os alumnos de 1º curso en instrumentos como Fagot, Trompa e Violoncello e do 100% para Trombón e Bombardino e Tuba.  

 As clases darán comezo o 1 de outubro, e realizarase unha reunión previa cos alumnos matriculados.  

 Para máis información poden dirixirse a oficina da escola no Auditorio do Rosal ou ben nos teléfonos 986 626 311 ou 609 866 792.

Ningún comentario:

Publicar un comentario