ATLETISMO
A ATLETA GUARDESA MARCELA MORGADO, DA SOCIEDADE ATLÉTICA DO TREGA DE TOMIÑO, PROCLAMOUSE SUBCAMPIOA GALEGA CADETE NOS 1000 METROS LISOS AO AIRE LIBRE
Marcela Morgado - a esquerda da imaxe - no podio coa súa medalla de prata
Informa (fotografías e redacción): Sociedade Atlética de Trega
O pasado sábado día 25 de maio, nas pistas de atletismo de Balaídos (Vigo) celebrouse paralelamente o LXVII Campionato de Galicia Sub18 e o XVIII Campionato de Galicia Sub16.
Marcela Morgado - terceira pola der. - a punto de entrar na liña de meta
A atleta Marcela Morgado, do club Sociedade Atlética do Trega participou na final de 1.000 metros lisos ao aire libre, onde conseguiu facerse coa medalla de prata. Marcela realizou unha carreira táctica desde o principio, cun ritmo de carreira lento no seu primeiro parcial, acabando de menos a máis, terminando no 400 a lume de biqueira cun forte cambio de ritmo, facéndose coa segunda posición, parando o crono cunha marca de 3´13" 1.
Desta maneira a discípula que a levan e dirixen os adestradores Javier Sierpes e Patricia Pereira, do Atletismo Trega, faríase cunha nova medalla autonómica.
Pero as distraccións e alegrías van durar moi pouco para todos, porque no atletismo as relaxacións non existen. Toca seguir traballando duro para disputar o último gran compromiso da tempada, o vindeiro día 6 de xullo, en Xixón no Campionato de España Sub 16 ao aire libre, onde Marcela representará ás cores do Atletismo Trega.
O club estudou e apostou esta tempada por facer un gran esforzo económico, desembolsando a cota de licenza nacional cun custo elevado, sendo un club humilde como é, para que casos como este e demais atletas pertencentes a Sociedade Atlética de Trega, puidesen competir a nivel nacional, e non tivesen que cambiar de entidade, facilitándolle a vía.
Felicidade Marcela!
A seguir traballando duro para seguir cultivando éxitos. Agradecer, como non, ao concello de Tomiño, que sen eles isto non sería viable a día de hoxe, onde o compromiso é vital, por todas as partes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario