17 de abr. de 2019

CULTURA



PREVISIÓN PARA O VINDEIRO MARTES DÍA 23 DE ABRIL DE 2019 NA DELEGACIÓN DE LA XUNTA EN MADRID/CASA DE GALICIA



Martes, 23
19:30 horas  

 A Delegación de la Xunta en Madrid/Casa de Galicia celebrará o Día do Libro coa conferencia "A mirada de Valle-Inclán", dedicada a un dos dramaturgos máis ilustres das letras universais. Será impartida por María de la  Figuera, doutora en Filosofía e Letras pola Universidade Complutense e catedrática de Lingua Castelá e Literatura, quen achegará un enfoque sobre a España de Valle-Inclán desde o gran angular de Galicia na súa triloxía “Comedias Bárbaras”.

 María de la  Figuera López é autora de numerosas publicacións, entre elas, "Unamuno: de la pesadilla nihilista al ensueño de totalidad" (Revista de Anales del Seminario de Historia de la Filosofía de la UCM), "La risa como expresión lúcida de la paradoja existencial", tese doutoral publicada pola UCM, e a novela "Son estelas en el mar", editada en Amazon e ambientada en Cangas do Morrazo, donde pasa longas tempadas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario