Veciños de Caminha e A Guarda percorreron o Sendeiro do Tea
Veciños de Caminha e de A Guarda realizaron a ruta polo Sendeiro do Tea
Foto: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda e a Câmara Municipal de Caminha continúan ofertando actividades deportivas conxuntas cun novo calendario de andainas para este ano 2019, no que se inclúen un total de 5 andainas e, como nas edicións anteriores, os percorridos realízanse en Galicia e Portugal.
As andainas iniciáronse o sábado día 23 de febreiro cun percorrido pola Ecopista ao carón do Río Miño entre Vila Nova de Cerveira e Valença do Minho.
O sábado 9 de marzo veciños de Caminha e de A Guarda realizaron a ruta polo Sendeiro do Tea, cunha distancia aproximada de 13km. O percorrido iniciouse en Ponteareas, nas proximidades da praia fluvial da Freixa e os participantes seguiron a senda sinalizada do río Tea que transcorre pola marxe dereita do río ata Mondariz. Ademais da típica vexetación de ribeira, contemplaron fermosas praias fluviais, muíños e maxestosos cruceiros antes de rematar no afamado balneario de Mondariz. O concello máis pequeno de Galicia ben mereceu dedicarlle unha visita e algún paseo antes de volver no autobús para a casa.
O calendario de Andainas 2019 continuará o sábado día 6 de abril, coa ruta de Peneda a Sistelo. Asemade, o martes día 1 de maio terá lugar a ruta da Pedra e da Auga e do Río San Martiño; e o sábado día 1 de xuño, rematará coa ruta do Sendeiro do Miradoiro de Matacás.
Ningún comentario:
Publicar un comentario