REMO
OS IRMÁNS DAMIÁN E ÓSCAR ALONSO ALONSO, CAMPIÓNS DO MUNDO DE REMO ERGÓMETRO
· Nas modalidades Master B (36-42 anos) e Master A (27-35 anos), respectivamente
· Nas modalidades Master B (36-42 anos) e Master A (27-35 anos), respectivamente
Óscar e Damián Alonso Alonso, coas súas correspondentes medallas de ouro, que lles acredita como campións do mundo de remo ergómetro
Foto: F.
Infogauda / Deportes
O domingo día 24 de febreiro de 2019, será para sempre, unha data gratamente inesquencible para os irmáns Damián e Óscar Alonso Alonso, de A Guarda (Pontevedra), xa que no Walter Pirámid, de Long Beach (California), acadaron cadansúa medalla de ouro no Campionato do Mundo de Remo Ergómetro.
No evento, organizado pola Federación Mundial de Remo (FISA), en asociación con Concept2, USRowing e a Asociación de Remo de Long Beach, participaron 2.500 dos mellores remeiros desa especialidade deportiva, de 33 países de todo o mundo.
Antes de partir a comezos da pasada semana para Los Ángeles, Damián Alonso Alonso, dixera: “(...) ás expectativas son altas, como sempre, pero soio o domingo sairemos de dúbidas”. Para engadir: Hai que traerse unha medalla, eh! (...)”.
Dese xeito, con esa mentalidade, coa súa preparación deportiva, co seu pundonor, agora ven de afirmar: “Logo de 6 anos buscándoo, con 4 bronces, unha prata e un 4º posto, logreino. Campión do Mundo! Obxetivo máis que cumplido. Antonio Alejandro Alonso Martínez, esta vai por ti”. Así, coa súa sinxeleza habitual, resumía Damián Alonso seu logro.
No Campionato do Mundo de Remo Ergómetro, celebrado onte no Walter Pirámid, de Long Beach, o remeiro guardés competiu na categoría Master B (36-42 anos), peso lixeiro homes, na distancia de 2.000 m, cuxos tres primeiros clasificados foron:
1º Damián Alonso, do equipo Minero´s, de España 6:26.0
2º Matthias Schomann-Finck, do equipo de Alemania 6:27.8
3º Henrique Vieira Motta, do equipo RowLA (USA) 6:42.5

Pola súa parte, Óscar Alonso Alonso Alonso competiu na categoría Master A (27-35 anos) homes, na distancia de 2.000 m, cuxos tres primeiros clasificados foron:
1º Óscar Alonso, do equipo Minero´s, de España 6:11.5
2º Henning Johan Mortensen, do Skullerud Sport Senter, de Noruega, 6:13.9
3º Alan Kukutschka, do club REMOMEXICO, de México, 6:14.5
Dese xeito, os irmáns Damián e Óscar Alonso Alonso veñen de acreditar que con sacrifizo non hai retos imposibles. A pesares de que, como acontece noutros moitos deportes, os apoios son os que son, e ainda así os logros á vista están.

Ningún comentario:
Publicar un comentario