25 de set. de 2018

OIA

OS CONCELLEIROS DE CONVERXENCIA GALEGA PROPONEN QUE A XUNTA DE GALICIA ABONE O CONCELLO DE OIA MÁIS DE 143.000 EUROS

· Pagados polo Concello polo aluguer do local provisional do ambulatorio

José  Manuel Romero Martínez, concelleiro de Converxencia Galega, no Concello de Oia

Infogauda / Oia

  En nome de Converxencia Galega, un dos concelleiros desta formación José  Manuel Romero Martínez, ven de presentar no rexistro de entradas do Concello de Oia, para seu debate e aprobación, se procede, na vindeira sesión ordinaria do Concello Pleno, á seguinte moción:

RECLAMACIÓN DIANTE DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE (SERGAS) DOS PAGOS ABONADOS POLO CONCELLO PARA O ALUGUER DO LOCAL PROVISIONAL DO AMBULATORIO 

 Durante moito tempo, na nosa localidade, se fixeron moitos comentarios, sobre a carga que significaba para un concello tan pequeno e de poucos recursos, o manter o aluguer dun local que se contratou para poder dispor de atención médica nunhas condicións moi precarias, e que non impedían que nos casos de urxencias pola tarde e máis complicado pola noite, hubera que desplazar aos pacientes o Centro de Saúde de A Guarda, o pola falta de ambulancia, ter que vir de volta e dirixirse a Vigo, perdendo un tempo máis que necesario e correndo maiores perigos, poñendo en situación complicada a vida dos/as oienses/as.

 Namentras noutras localidades con mellores condicións xeográficas e económicas, dende a Consellería de Sanidade, se pagaban alugueres, iluminación e demais servizos, en Oia, todo iba a cargo de “Xan pueblo” sin que os representantes do Equipo de Goberno Municipal, o coincidir cos da Xunta, mantiñan un silenzo complaciente, e derramaban os cartos a máns cheas sobre un servizo que correspondía cubrir os séus correlixionarios do Goberno Autonómico.

 Esta situación, conlevou a que obras de urxencias e de utilidade para a mellora do nivel de vida nas nosas parroquias quedaran aletargadas e sin facer durante anos e anos.

 Diante desta situación, agora, cando se deu solución a unha gran inxustiza e abandono co noso pobo, e xa podemos disfrutar dunhas instalacións máis axeitadas o século XXI, se faga xustiza con Oia e se proceda a reintegrar as arcas municipais ese diñeiro que tanta falla fai nas obras necesarias nas nosas parroquias, algunhas das cales, levan abandonadas durante moito tempo por parte da Administración Local e Autonómica.

  Os números son ben fáciles de facer; o contrato de aluguer se asinou 20 de maio de 2010, e rematou o 03 de maio de 2016, tendo en conta que o inicio do mesmo, se da a finais de mes, temos 6 anos menos (1) mes, o que da 71  meses cun aluguer de 1.815 euros/mensuais, polo que nos da a cantidade de CENTO VINTEOITO MIL OITOCENTOS SESENTA E CINCO EUROS.(128.865,00 euros).

 A revisión dos abonos de recibos de electricidade, da nese mesmo espazo de tempo o abono de CATORCE MIL SEISCENTOS QUINCE EUROS (14.615,00 euros).

  Por todo o exposto, dende CONVERXENCIA GALEGA, vimos a presentar para o séu debate e aprobación si procede no vindeiro Pleno Ordinario Mensual, da seguinte MOCIÓN:

 O Concello de Oia, dará inicio de maneira inmediata, a reclamación diante da Xunta de Galicia, a fin de que incorpore aos vindeiros Presupostos Xerais de 2019, unha partida específica, pola cantidade de CENTO CUARENTA E TRES MIL CATROCENTOS OITENTA EUROS (143.480 euros) a fin de devolver aos/as veciños/as de Oia, a amortización dos pagos efectuados polo Concello, para poder dispor dun servizo que por dereito nos correspondía e cuios gastos deberon ser financieiramente responsabilidade do Goberno Autonómico. 

Oia, a 23 de setembro do 2018     

José Manuel Romero Martínez  
Concelleiro de CONVERXENCIA GALEGA

Ningún comentario:

Publicar un comentario