22 de set. de 2018

A GUARDA

EXFIMIÑO 2018: A FILATELIA RELEMBRA UN FEITO HISTÓRICO ACONTECIDO HAI 350 ANOS

· A liberación da dominación portuguesa de A Guarda e da Fortaleza de Santa Cruz


         
Infogauda / A Guarda

 A activa Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa (SFNG), entidade que preside Luciano Lomba Vicente, ten todo a punto para un novo evento cultural, que evoca un destacado feito histórico, que terá lugar próximamente na nosa vila, e no que a xunta directiva da SFNG leva traballando desde fai tempo. 

 Luciano Lomba Vicente nos amplía a información do seguinte xeito:

 «Nos vindeiros días 11 ao 17 de outubro celebraremos en A Guarda, a XXXVI exposición filatélica e a XXII EXFIMIÑO que este ano estará adicada a conmemorar o 350 Aniversario da liberación da dominación portuguesa de A Guarda e da Fortaleza de Santa Cruz.  

 Como ven sendo habitual a mostra estará montada nos baixos da Casa dos Alonso, inmoble onde recentemente se instalaron as dependencias do Concello de A Guarda. 

 A mostra, patrocinada pola Deputación provincial de Pontevedra e polo Concello de A Guarda, estará instalada nas vitrinas que nos cedeu a Federación Galega de Sociedades Filatélicas.           

 A inauguración será o xoves día 11 ás 20:30 horas e a mostra estará aberta en horario de 11:00  a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas.          

 Poremos en circulación un selo personalizado, cunha imaxe do plano da Fortaleza de Santa Cruz, (que nos cedeu amablemente InfoMaxe) e un cuño conmemorativo coa imaxe da entrada principal da devandita fortaleza.

 Por suposto convidamos a todos os que se queiran achegar ata A Guarda eses días a que nos visiten».

Ningún comentario:

Publicar un comentario