29 de mar. de 2018

O ROSAL

O ROSAL PREMIA AOS DEPORTISTAS MÁIS DESTACADOS/AS

Recoñecendo o mérito de máis de 50 veciños de diferentes deportes, como atletismo, tiro ao prato, tiro olímpico, remo, piragüismo, natación, baloncesto, judo, taekwondo, trial, ciclismo, balonmán e fútbol. 

Galardoados na gala do “III Recoñecemento ao Mérito Deportivo 2018”
Fotos: C. O. R.

Infogauda / O Rosal

 O Concello do Rosal vén de homenaxear o pasado sábado 24 de marzo aos seus deportistas máis destacados, na gala do “III Recoñecemento ao Mérito Deportivo 2018” que tivo lugar nun abarrotado Auditorio Municipal. 

 Despois das edicións de 2011 e 2014, este evento, presentado por Juan Ramón Martínez Barbosa, serviu para homenaxear a clubs como a U. D. Tamuxe, Veteranos O Rosal, U. D. Ribera, Club Ciclista O Rosal, Acanor Atlético Novás e mesmo ao Club de Xadrez Albatros. 

 A gala contou coa actuación do grupo de baile Marcando Pasos, dirixido por Nuria Castro García, que participará na Fase Final do ANAPRODE, o concurso nacional máis prestixioso da modalidade. 


  No decurso do evento, o Concello do Rosal recoñeceu o mérito de máis de 50 veciños de diferentes deportes, como atletismo, tiro ao prato, tiro olímpico, remo, piragüismo, natación, baloncesto, judo, taekwondo, trial, ciclismo, balonmán e fútbol. 

 Este III Recoñecemento ao Mérito Deportivo estivo dedicado ás figuras de José Carlos Santos “Josiño” e de Juan Treinta Rodríguez, dous rosaleiros falecidos recentemente, moi vinculados ao deporte. 

 A alcaldesa de O Rosal, Mª Carmen Alonso, xunto cos concelleiros, Antonio González, Mauro Fernández, Mabel Franco, Ánxela Fernández, Pablo Flores e a tenente de alcalde Charo Tabales, foron os encargados de entregar as correspondentes distincións a nivel colectivo e individual. 

 A relación de premiados na III Gala do Deporte do Rosal, que recoñeceu os méritos do período 2014-2018 é á seguinte: 

Tiro ao prato: José Antonio Vasconcellos Vicente, Ero Adrián Martínez Villasenín, Daniel Vicente Pintus e Francisco Javier Rivero Martínez. 

Tiro olímpico: Roberto González Brey. 

Remo / piragüismo: Andrea González Ucha, Carla Cerqueira Mella, Mª Fernanda García Orduna, Alejo González González, Iago Martínez González e Rosa Mª Álvarez González. 

Xadrez: Miguel Reboredo Otero (en representación do Clube de Xadrez Albatros). 

Natación: Fanny Pose Vicente e Mª Fernanda García Orduna. 

Atletismo: Javier Costas Rodríguez, Jonathan Correa Prado, Daniel Vicente Riveiro, David Gómez Martínez, Rosa María Álvarez González e Mª Fernanda García Orduna, Luisa Fernández Álvarez, Carlos Fernández Álvarez, Ariana González Verde e Manuel Flores Cerqueira. 

Carreiras populares: Serafín Martínez Acevedo. 

Baloncesto: Rosa María Álvarez González e Mª Fernanda García Orduna. 

Taekwondo: Brayan González Barbosa. 

Judo: Eric Barceló Rodríguez e Verónica Pérez Pacheco. 

Ciclismo: Pablo Rodríguez Otero, Yasir Martínez Silva, Luis Méndez Silva, Diego Santomé Pérez, Mario Fernández Lorenzo, Alejandro Lomba Rodríguez, Antonio Portela Rodríguez, Raúl Fernández Lorenzo, Gerardo Álvarez Martínez (honorífico) e Christian Silva Giráldez. 

Trial: Gabriel Marcelli Carballido e Matías Martínez Briones. 

Triatlón: Óscar Vicente Rodríguez. 

Balonmán: Acanor Atlético Novás “B”, Germán Fernández Rodríguez, Marcos Pequeño Fernández, Paulo Dacosta Flores, Manuel Martínez Vicente, Roberto Rodríguez Vicente, Iago Flores González, Víctor Armán Dorado, Ramón Martínez Fernández, Marcos Dorado Álvarez, Javier Díaz Pérez, Daniel Cerqueira Rodríguez, Alba Dapena Iglesias, Andrea Dapena Iglesias, Marcial González Rivero e José Álvarez Alonso “Buraco” (honorífico). 

Fútbol: Cecilia Fernández Rodríguez, Pablo Vicente Diego, Ángel Arcos Cadilla, Sara Álvarez Álvarez, Diego Álvarez Fernández e Miguel Martínez González. 

 Dende o Concello felicitan e dan a sinceira noraboa a todos os/as deportistas do termo municipal, que levan con orgullo o nome de O Rosal polo mundo adiante. 

 Parabéns!

Ningún comentario:

Publicar un comentario