27 de feb. de 2018

A GUARDA

CULTURA

A CONMEMORACIÓN DO CLXXXI ANIVERSARIO DO NACEMENTO DE ROSALÍA DE CASTRO, UN EVENTO DESTACADO NA VILA DA GUARDA 




Un mural en lembranza de Rosalía de Castro foi unha das diferentes actividades desenvolvidas na Guarda co gallo do CLXXXI aniversario do nacemento da Cantora do Sar
Fotos: C. A.G.

Infogauda / A Guarda


 Un  24 de febreiro de 1837 nacía en Santiago de Compostela, unha nena - Rosalía de Castro -, que andado o tempo sería á autora de obras tan destacadas como  os poemarios Cantares Gallegos, Follas Novas e á novela La hija del mar,..., entre outras.

 A Rosalía de Castro debémoslle á posta en valor da nosa lingua matria - o Galego -, nunha época na que a nosa fala, para alguns, estaba considerada como un simple dialecto. 

 Ese complexo poida que ainda hoxe o teñan algúns, que si ben tiveron o Galego como lingua materna, semella que non teñen á máis mínima conciencia do que significa que Galicia teña unha lingua propia.

 Máis a vista das actividades que cada ano se desenvolven arredor da data do aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, semella que ainda hai espranza de que ás novas xeracións saiban valorar o Galego como unha língua de noso, e o mellor xeito de contribuir a que a nosa fala vaia a máis e falala de cotío, con total normalidade, porque se nos lembramos de Rosalía de Castro, estamos seguros que ela sería feliz escoitando que picariños, xóvenes e maiores, falemos, escribamos e pensemos en Galego.

Ningún comentario:

Publicar un comentario