10 de xuño de 2017

A GUARDA

Conmemoración do Centenario do Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega (MASAT)  

Este sábado día 10 de xuño, ás 20:00 h., na Praza do Reló

Será descoberto un fito conmemorativo e a continuación o historiador Joaquín Miguel Villa Álvarez pronunciará unha charla na Casa dos Alonso sobre a fundación e evolución dun dos museos arqueolóxicos máis antigos de Galicia, o actual MASAT


Infogauda / A Guarda

 Coincidindo co 100 aniversario da creación do Museo Arqueolóxico por parte da Sociedad Pro Monte Santa Tecla o 10 de xuño de 1917, este sábado, ás 20:00 h., procederase a inaugurar un fito conmemorativo, que financiado pola Deputación de Pontevedra, se colocará fronte a actual Casa do Concello, na Praza do Reló e a continuación, o historiador Joaquín Miguel Villa Álvarez pronunciará unha charla na Casa dos Alonso sobre a fundación e evolución dun dos museos arqueolóxicos máis antigos de Galicia, o actual MASAT

 Estes actos, promovidos desde o Concello de A Guarda e o Padroado Municipal Monte Santa Trega iniciaranse a partir das 20:00 horas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario