14 de abr. de 2017

A GUARDA

O BNG esixe unha reunión urxente de portavoces tralos despidos en S Xerome

BNG solicita o apoio aos traballadores despedidos e aclaracións ao Alcalde da Guarda de como está a relación entre o Concello e S Xerome
Ángel Luis Baz Vicente, portavoz municipal do BNG no Concello de A Guarda

Infogauda / A Guarda
 O Bloque Nacionalista Galego ven de comunicar que presentou un escrito dirixido ao Alcalde da Guarda solicitando unha reunión de voceiros para que aclare a situación xerada tralo despido de dous traballadores do Centro Especial de Emprego de San Xerome.
 O BNG lembra que estes dous traballadores foron subrogados pola empresa no momento de aceptar a concesión do Concello da Guarda.
 Dende o BNG considérase que hai unha responsabilidade por parte do Alcalde e do grupo de goberno para co futuro dos traballadores, aspecto que debe aclarar o goberno do PSOE.
 “Non se pode esconder tras unha acción social, un xeito de dirixir empresa propio doutros séculos, comentou Ángel Luis Baz Vicente, portavoz municipal do BNG.
 O BNG solicita tamén - dixo Ángel Luis Baz - o apoio aos traballadores despedidos dado que estaban a cumprir co seu traballo en todo momento.

Ningún comentario:

Publicar un comentario