6 de set. de 2016

A GUARDA

A GUARDA E CAMINHA ORGANIZAN ANDAINAS EN 4 ETAPAS, DE SANTIAGO DE COMPOSTELA A FISTERRA

O prazo de inscrición remata o martes 20 de setembro


Camiñantes nunha das andainas organizadas polo Concello de A Guarda
Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 O concello da Guarda organiza conxuntamente coa Cámara de Caminha as andainas de outono no mes de outubro e principios de novembro. Trátase de 4 etapas de Santiago ata Fisterra programadas da seguinte maneira. 

1ª etapa: 8 de outubro 
Santiago de Compostela – Negreira (21 qm) 
Saída da Guarda: Explanada do CEIP A Sangriña ás 07:30 h. Encontro cos participantes de Caminha e Viana do Castelo en Goián ás 8:00 h.    

2ª etapa: 15 de de outubro 
Negreira – Vilar do Castro (24 qm) 
Saída da Guarda: Explanada do CEIP A Sangriña ás 07:30 h. Encontro cos participantes de Caminha e Viana do Castelo en Goián ás 8:00 h.    

3ª etapa: 29 de outubro 
Vilar do Castro – Cee (25 qm) 
Saída da Guarda: Explanada do CEIP A Sangriña ás 07:30 h. Encontro cos participantes de Caminha e Viana do Castelo en Goián ás 8:00 h.    

4ª etapa: 5 de novembro 
Cee – Fisterra (15 qm) 
Saída da Guarda: Explanada do CEIP A Sangriña ás 07:30 h. Encontro cos participantes de Caminha e Viana do Castelo en  Goián ás 8:00 h.   

 Inscrición na oficina de turismo ou no teléfono 986 614 546. 
 Máis información en deporte@aguarda.es. 

 O prazo de inscrición remata o martes 20 de setembro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario