2 de set. de 2016

A GUARDA

O ALCALDE DA GUARDA MANTIVO UNHA XUNTANZA COA CONSELLEIRA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO

No transcurso da reunión, o alcalde demandou a construción dun auditorio
   
A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato Otero, e o alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz asinaron un convenio de colaboración para a execución de melloras na depuradora da Guarda

Infogauda / A Guarda

 O pasado xoves día 1 de setembro o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz, en compañía da Concelleira de Cultura, Elena Baz Rodríguez, trasladáronse a Santiago de Compostela para ter unha xuntanza coa conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato Otero. 

 Por parte da Consellería, o motivo de citar ao alcalde era a sinatura dun convenio de colaboración para a execución de melloras na depuradora da Guarda. As melloras, que o concello levaba demandando dende fai tempo, consisten en traballos de reposición nos sistemas de control e automatización da planta e de mantemento na propia edificación. O custo desta actuación ronda os 60.000 € e será cofinanciado pola Unión Europea a través polos fondos FEADER (Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural). 
A GUARDA DEMANDA A CONSTRUCCIÓN DE UN AUDITORIO MUNICIPAL
 O alcalde e a concelleira de Cultura aproveitaron a xuntanza para facerlle chegar a responsable de Ordenación do Territorio unha das demandas máis importantes que ten a Guarda, a construción dun auditorio. 

 Para argumentar a necesidade desta infraestrutura os responsables municipais explicaron, tanto no transcurso da reunión como na carta entregada a Conselleira, a situación que se produce na Guarda que xustifica esta demanda: a gran cantidade de asociación culturais e deportivas que temos, en total 50 rexistradas. 

 Que a pesar de ser un municipio con máis de 10.000 habitantes e unha densidade de poboación de mais de 500 hb/qm2 non temos un espazo pechado en condicións onde celebrar eventos, dado que o que usamos habitualmente, o salón de actos do Centro Cultural, so ten 187 butacas e un escenario de 24m2. 

 Que as veces, sobre todo por motivo do tamaño do escenario, hai que trasladar algún evento a Igrexa Parroquial. 

 Que antes da crise a Xunta de Galicia xa tiña previsto facer un auditorio na Guarda, incluso houbo unha partida nos orzamentos da Xunta para a redacción do proxecto. 

 Que na Guarda xa temos unha parcela coa cualificación urbanística para construír un auditorio e que temos unha axenda cultural que por si sola xa xustificaría este investimento. 

 A conselleira mostrouse interesada e sensible aos argumentos que lle fixeron chegar os responsables municipais, que buscan, ademais sensibilizar ao actual goberno da Xunta de Galicia, dar a coñecer esta demanda aos demais grupos políticos. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario