30 de ago. de 2015

A GUARDA

CONVERXENCIA GALEGA INSTA O GRUPO DE GOBERNO Á LIMPEZA DOS CONTENEDORES DO LIXO

Celso R. Fariñas (Concelleiro de Converxencia Galega): "(...) A realidade tamén cada vez é máis “tozuda” e non permite que se nos engane, e así, nos medios de comunicación e nos escritos obrantes no Rexistro Xeral do Concello, atopamos as queixas de comerciantes, visitantes e do vecindario que se queixa do cheiro, e situación anti-hixiénica que se atopa por moitos rincóns do noso pobo (...)".


Celso R. Fariñas, concelleiro de Converxencia Galega no Concello de A Guarda

Infogauda / A Guarda


 O concelleiro Celso R. Fariñas, do Grupo Municipal Converxencia Galega, ven de presentar no rexistro de entradas do Concello de A Guarda, á seguinte notificación:

LIMPEZA E MANTENEMENTO DE CONTENEDORES

 De vez en cando, escoltamos “mensaxes” que por moito que se repitan, os feitos demostran que non son verdade, donde o Concelleiro do Lixo, fala das grandes campañas que desenrrola na recollida e selección dos distintos restos orgánicos, plástico, papel, vidro, etc., así como da limpeza, arranxo e mantenemento dos contenedores, namentras pola outra banda, a Concelleira de Turismo, nos fala da “transformación” que se está facendo na nosa localidade para que cada vez sexa máis o gran referente turístico do Baixo Miño.


Na imaxe, vista do  estado que presentan os contenedores existentes na Rúa San Bernardo, de A Guarda
Fotos: Grupo Municipal de Converxencia Galega no Concello de A Guarda

A realidade tamén cada vez é máis “tozuda” e non permite que se nos engane, e así, nos medios de comunicación e nos escritos obrantes no Rexistro Xeral do Concello, atopamos as queixas de comerciantes, visitantes e do vecindario que se queixa do cheiro, e situación anti-hixiénica que se atopa por moitos rincóns do noso pobo, sen que dende o Concello se tomen as medidas correctoras necesarias para que o que “predican” sexa unha realidade, e non “fumo de xaruto”.


Detalle do estado no que se atopa o contenedor de plásticos existente na Rúa San Bernardo

 Dende Converxencia Galega, seguimos mantendo a realidades das imaxes que atopamos polas rúas directamente, e daquelas que recibimos case de seguido, nos nosos correos ou no buzón, pois a verdade que si nos desplazamos polas rúas máis céntricas o “espectáculo” está servido, e para mostra un botón, cando estamos as portas de celebrar as Festas da Virxe da Guía, e na víspera das súas tradicionais carreiras populares as que acuden unha boa morea de atletas e afeicionados, na Praza de San Bernardo, “tropezamos” con un grupo de contenedores que demostran que o control e limpeza dos mesmos, debe facerse cada ducia de anos, -menos mal que o cheiro non se reflexa na imaxe- e esa é unha das zonas de maior afluencia cara a Praza da Guía,...¡¡Patético!! ¿Destino EDEN…?

A Guarda, a 29 de Agosto do 2.015



Celso R. Fariñas                    
 Concelleiro de Converxencia Galega


Sr. Alcalde do Concello de A Guarda

Ningún comentario:

Publicar un comentario