ASINADO UN NOVO RECOÑECEMENTO DA FRONTEIRA HISPANO-PORTUGUESA
Antonio Lomba Baz, alcalde de A Guarda: "(..) O acto quédase nunha reunión protocolaria na que se asinan os papeis e que os responsables municipais aproveitamos para estreitar relacións e falar das cousas que nos unen".
De esquerda a dereita: Luís Miguel da Silva Mendonça Alves, María del Carmen Alonso Alonso e Antonio Lomba Baz - Foto: C. A.G.
Infogauda / A Guarda
"Moita xente non coñece que existe un Tratado de Límites entre España e Portugal que data de 1864 e que establece deberes aínda na actualidade. Neste tratado establécese a obriga dos concellos fronteirizos, dos dous lados da raia, de facer anualmente un recoñecemento da liña fronteiriza e levantar acta do mesmo", dixo Antonio Lomba Baz, alcalde de A Guarda.
"Así - explica o alcalde - , cada ano dende aquela data (en teoría), cítanse os alcaldes dos concellos que comparten fronteira para asinar a mencionada acta.
Por suposto na actualidade non se recoñece sobre o terreo a liña entre España e Portugal, non é necesario dada a boa de relación de veciñanza entre os dous pobos e os modernos sistemas de xeoreferenciación. O acto quédase nunha reunión protocolaria na que se asinan os papeis e que os responsables municipais aproveitamos para estreitar relacións e falar das cousas que nos unen".
Como alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz, tivo ocasión de participar por primeira vez en tan histórico evento fai uns días. Este ano 2015 a cita celebrouse na Casa do Concello de A Guarda, estando tamén presentes a primeira tenente de alcalde do Rosal, María del Carmen Alonso Alonso, e o presidente da Cámara de Caminha, Luís Miguel da Silva Mendonça Alves e Antonio Lomba Baz.

Ningún comentario:
Publicar un comentario