BALONMÁN
ACANOR NOVÁS E MECALIA ATLÉTICO GUARDÉS RENOVAN O SEU ACORDO
Infogauda / Redacción
Dous dos clubes deportivos máis representativos do Baixo Miño renovan o seu pacto para as xornadas nas que ambas entidades coincidan xogando coma locatarios.
Este convenio lévase producido xa nas dúas campañas precedentes co fin de facilitar aos socios do Acanor Atlético Novás e do Mecalia Atlético Guardés, a presenza nos dous encontros.
As directivas rosaleira e guardesa están xa pendientes do sorteo de calendario que se realizará en Valencia, este luns día 27 de xullo.
O Acanor Novás disputará por cuarto ano consecutivo a Primeira Nacional e estará encadrado no Grupo A, un grupo que volverá a ser íntegramente galego. Como novos rivais atópase un histórico da categoría como é o Balonmán Porriño e mantéñense o Lavadores e o Poio Artai, que ocuparán as prazas do flamante ascendido Cisne e do Balonmán Camariñas, que renunciou a categoría tras lograr o ascenso.
Pola sua parte, o Mecalia Atlético Guardés, que comeza a sua competición o día 5 de setembro, iniciará a sua cuarta campaña na DHF, competición na que espera seguir crecendo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario