24 de xul. de 2015

A GUARDA

DEPORTES

Compoñentes do clube A Guarda Hockey Liña
Foto: A Guarda Hockey Liña

Miguel Fernández Lomba / A Guarda

 O vindeiro día 1 de agosto poderedes gozar con unha tarde repleta de acción. A pesares do limitado que é o espazo do Pavillón das Solanas e a espera das urxentes melloras, tentaremos dalo todo para que disfrutedes un ano máis do Torneo Festas do Monte Santa Trega de Hockey Liña. 

 Empezarémola tarde con un vibrante partido entre o equipo A de infantís locais e o equipo B, amigos e compañeiros de adestramentos, pero con gañas de amosar o que valen e alzarse co título.  

 A seguir virá o partido feminino, onde as nosas rapazas se medirán ás Meigas de Lugo, un dos equipos máis potentes de Galiza. 

 É coma traca final o equipo masculino de A Guarda Hockey Liña medirase a un combinado dos equipos BlueRinged de Vigo e Cabuxos de Lugo, dous dos máximos exponentes do hockey liña galego.

 E ti ¿vas esperar a que to conten?

 Ven! Non o perdas!

Ningún comentario:

Publicar un comentario