CINEMA
O POBO DE GOIÁN HOMENAXEOU OS PROTAGONISTAS DO PISCO
Imaxe do filme "O Pisco", que onte foi estreado en Goián
Foto: Grupo San Roquiño
Ricardo Rodríguez / Goián
Como corresponde a un pobo emprendedor, que sabe valorar os méritos individuais e colectivos dos seus veciños, á cidadanía de Goián respostou maravillosamente á estrea da longametraxe "O Pisco", que tivo lugar onte no Auditorio de Goián.
Precedidos polos compoñentes da Treboada "Os da Fonte do Grade", ata alí chegaron nas agrolimusinas - tractores agrícolas reconvertidos por un día en medio de transporte dos artistas que participaron na película -, sendo recibidos cos aplausos e a simpatía dunha moitedume de persoas que lles agardaban no exterior.

Unha vez que o elenco actoral, foi desfilando pola alfombra vermella do hall do Auditorio, entre os flashes dos reporteiros, e os parabens do respetable, a platea do auditorio encheuse de goianeses e veciños de Tomiño e doutros lugares da contorna miñota, ávidos de presenciar á estrea do filme "O Pisco", promovido polo Grupo San Roquiño. Como non podía ser doutro xeito, entre o público pudemos ollar á Alcaldesa, Sandra González Álvarez e á Cristina Martínez Souto, Concelleira de Cultura, Mocidade e Deportes, do Concello de Tomiño. Con toda certeza, a representación institucional do concello, probablemente foi maior, máis en todo caso, non era noso propósito verificar quen estaba e quen non. Estaba, eso sí, todo Goián, e con iso xa se dí todo.
O evento comezou con unha proxección de imaxes fotográficas do Goián de comezos do século XX, nas que ademáis de instantáneas das principais arterias da vila, tamén pudemos ollar diferentes lugares do entorno goianés, celebracions festivas, como o Entroido, ás Festas dos Remedios, as romarías de San Roque e San Lourenzo, ermidas, O Regatiño, ..., vodas, etc..
Na imaxe, Carmela delgado, presentando o evento
Foto: Infogauda
A hora establecida, Carmela Delgado, faría á presentación do filme, así como unha lembranza ás persoas que non puderon ollar en vida, esta estrea. Os agradecementos - como á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Goián, o Concello de Tomiño e o Museo Pedagóxico de Galicia, e ata o párroco, que mesmo autorizou que algunhas esceas fosen rodadas na igrexa...- e tamén algúns pormenores da longametraxe - de 100 minutos de duración -, ambientada, ideada, dirixida, filmada e protagonizada por persoas de Goián. E non soio iso, senón que conta con banda sonora própia, creada polo compositor Andrés Álvarez.
Agradecementos tamén para Susana Delgado e Marcos Rodríguez, que estiveron detrás das cámaras, e para Adrián Mesu, que se ocupou da montaxe da película, e por suposto para Reme Carrera pola súa idea, feita realidade entre todos, que é unha verdadeira alfaia do patrimonio inmaterial de Goián e do Baixo Miño.
Deseguido, o trío Acevedos Delgado, formado por Davinia Delgado - unha xoven con unha magnífica voz -, José Stewart García López, a batería; e Andrés Acevedo, a guitarra, interpretaron dous temas, entre eles á "Canción do Pisco", coa que comeza o filme.
Logo viría o NO-GO (Noticiario Goianés), con imaxes en b/n, nas que ademáis de facilitar á ubicación xeográfica de Goián, informou da súa potencialidade no sector viveirista de plantas e árbores ornamentais, así como dunha visita de un persoeiro - cuxa efixie figurou o longo de cáseque catro décadas nas moedas de curso legal en España - e da súa dona. Todo elo, perfectamente ambientado na época.
E por último, chegaría á proxección da longametraxe "O Pisco", onde participaron máis de un cento de veciños de Goián, vencellados de un xeito ou de outro, o Grupo San Roquiño, xa que se trata de un proxecto colectivo. A partires de un guión baseado en feitos e lugares reais, relata unha época -anos 50 do s.XX- nos que baixo ás dictaduras existentes tanto en España como en Portugal, ás poboacións da raia, en maior ou menor medida, adicábanse o estraperlo de café, pasas,..., nunha economía - agás casos moi concretos - de mera supervivencia. Daquela á situación socioeconómica e política, obrigaba á cidadanía a buscarse á vida como boamente podía, non para facer fortunas, senón para ir tirando.
Na mente de moitos veciños do Baixo Miño, están ás lembranzas de persoas que destacaron pola súa actividade, e mesmo algúns, de extracción moi humilde, chegaron a ter unha posición económica e social destacada. Outras persoas, que se moveron a escala máis modesta, non acadaron facer fortuna.
"O Pisco" e o sexto documental promovido polo Grupo San Roquiño. Nesta película, que contou con un orzamento de 0 euros, ainda que obviamente tivo os seus correspondentes gastos, inclúense varias microhistorias nas que ademáis da actividade do contrabando entre as dúas ribeiras do río Miño - na que participaron mulleres e homes de Galicia e de Portugal -, está reflectido o xeito de vida do Goián de mediados do século XX, coas súas señas de identidade colectiva e coa súa idiosincrasia, e mesmo coa súa fala característica.
Ten moito mérito que un proxecto como "O Pisco", que botou a andar no último trimestre de 2013 e deuse por rematada súa grabación en xaneiro de 2015, culminase de xeito tan exitoso. Iso é toda unha demostración do valor das persoas que creen nunha idea, póñen-a en marcha e logran remata-la.
Atrás quedaron centos de horas de traballo, pero á ilusión mantivo á unidade do colectivo e por fin chegaron os merecidos parabens, aos que xunguimos o noso.
Compre salientar que para acceder á gala, así como os pases posteriores - un foi ás 22:30 h. de onte sábado e o o outro será este domingo ás 19:00 h. - somentes e preciso aportar un quilo de alimentos non perecedoiros para a Asociación SOS Tomiño Baixo Miño, que os distribuirá entre ás familias necesitadas.

Ningún comentario:
Publicar un comentario