20 de ago. de 2014

PONTEVEDRA

Os traballos permitirán actualizar datos, incluíndo novas altas, pero tamén facilitando a corrección de erros nas listas actuais
O ORAL REVISARÁ OS PADRÓNS FISCAIS DOS CONCELLOS DE VALGA, A ESTRADA, OIA E O ROSAL

Infogauda / Pontevedra

A Deputación de Pontevedra, a través do ORAL, procederá á revisión dos padróns fiscais dos concellos de Valga, A Estrada, Oia e O Rosal, co obxectivo de actualizar as listas actuais e mellorar así a xestión de tributos neste concello.
O obxectivo desta revisión é manter ao día os padróns, facilitando tanto a incorporación de novas altas como a corrección de posibles erros ou datos non actualizados nas listaxes actuais.
No concello de Valga revisaranse os padróns de recollida de lixo e de sumidoiros, que son os que o concello ten delegados neste momento na Deputación. No caso dos sumidoiros, na actualidade o ORAL xestiona neste concello un total de 1.392 recibos, mentres que na recollida de lixo a cifra ascende a 2.260.
En A Estrada actualizaranse os padróns de recollida de lixo, auga, sumidoiros e vados, que supoñen na actualidade un total de 21.747 recibos. Os de recollida de lixo son os máis numerosos, con 10.016 recibos (5.049 pertencentes á área urbana e 4.967 á rural). A eles súmanse 5.404 recibos de auga; 5.506 de sumidoiros e 821 de entrada de vehículos.
Tamén en O Rosal se revisarán lixo, auga, saneamento e entrada de vehículos, cun  total de 7.279 recibos, dos cales 3.177 son de recollida de lixo, 2.710 de sumidoiros, 1.370 auga e 22 vados.

Finalmente, en Oia procederase á actualización dos padróns de recollida de lixo, no que na actualidade están incluídos 1.686 recibos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario