SLÁLOM
TRES MEDALLAS DE OURO PARA OS TEIXUGOS NO CAMPIONATO GALEGO DE PROMOCIÓN DE SLÁLOM
Informa: Rosa Fernández Carrera / Ribadumia
O domingo día 17 de agosto celebrouse en Ribadumia o Campionato Galego de Promoción de slálom co que se pecha a Liga Galega de Promoción deste ano. En promoción entran os nenos e nenas de 8 a 14 anos, é dicir os máis pequenos de cada club.
O Club Deportivo Miño-Teixugos acadou tres medallas de ouro, unha de prata e unha de bronce. Os tres ouros foron para Ainhoa Barreiro en K1 Muller Benxamín, Ariadna Pereira en K1 Muller Alevín e para Sergio Martínez en K1 Home Benxamín; a de prata foi para Alba Soutelo en K1 Muller Benxamín e o bronce para Samuel Castro en K1 Home Benxamín.
A pesares do medalleiro na clasificación final por equipos os Teixugos so conseguiron acadar un 5º posto, debido fundamentalmente a que os outros clubs acudiron con un grupo máis numeroso de pequenos deportistas.
Como remate destacar que esta longuísima Liga de Promoción, ademais do Campionato Galego, contou con seis competicións de Copa Galega (Tomiño, Mondariz, Gondomar, Tui, Monforte e Caldelas). Nelas hai que destacar o papel feito polos nosos pequenos campións: Ainhoa Barreiro, Ariadna Pereira alzáronse co ouro en todas elas, Sergio Martínez cinco ouros e unha de prata, Alba Soutelo acadou seis pratas e Samuel Castro unha de ouro, dous bronces e tres de prata.
Ningún comentario:
Publicar un comentario