CICLISMO
LOUZÁN CONSIDERA QUE AS ETAPAS PONTEVEDRESAS DE LA
VUELTA SERÁN “DETERMINANTES” PARA DECIDIR AO GAÑADOR DA PROBA
Confía en que a ocupación hoteleira nas Rías Baixas mellore en setembro con motivo da volta a España
·
O
presidente da Deputación presentou o folleto que recolle punto por punto o paso
do pelotón ciclista pola provincia
·
A
información estará dispoñible en todas as oficinas de Turismo da provincia
desde hoxe
·
Louzán
destaca que a edición deste ano reúne “aos mellores ciclistas do mundo”
·
A
caravana da volta estará aloxada tres días en Pontevedra
Infogauda / Pontevedra
Infogauda / Pontevedra
As dúas etapas pontevedresas de La Vuelta serán
“determinantes” para decidir ao gañador da proba e iso pode supor un
“aliciente” para que moitos seguidores deste deporte se acheguen no mes de
setembro ás Rías Baixas.
Así o considera o presidente da Deputación,
Rafael Louzán, que esta mañá presentou o folleto no que se recolle punto por
punto o paso do pelotón pola provincia. O folleto estará dispoñible desde hoxe
mesmo en todas as oficinas de turismo da provincia, co obxectivo de que “todos
poidan coñecer por onde vai pasar e animar a moitos que nos visitan estes días
a volver ás Rías Baixas a mediados de setembro” para disfrutar da volta.
Louzán indicou que esta edición da volta conta
“cos mellores ciclistas do mundo” e iso é un aliciente para achegar á provincia
e a Galicia a moitos seguidores deste deporte.
Neste sentido, o titular da Deputación amosouse
confiado en que a ocupación hoteleira sexa moi positiva no mes de setembro,
como consecuencia deste evento deportivo. De feito, a caravana completa da
volta hospedarase en hoteis da provincia durante 3 días e permanecerá en
Galicia 6 ou 7 xornadas.
Louzán destacou que o tramo final das dúas
etapas pontevedresas “serán un verdadeiro espectáculo” e animou a todos a
disfrutar del achegándose tanto ao alto de Domaio como ao Castrove.
Etapas
En canto ao percorrido das dúas etapas
pontevedresas, a primeira delas, o 11 de setembro, parte de A estrada e terá o
Monte Castrove como meta.
Cun percorrido de 157 quilómetros, os corredores
pasarán por A estrada, Cuntis, Moraña, Caldas de Reis, Valga, Pontecesures,
Catoira, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, Cambados, Cambados,
Ribadumia, Meaño, Sanxenxo, Poio e Pontevedra.
A segunda etapa, o día 12, partirá da Praza do
Concello de Salvaterra de Miño e pasará por Ponteareas, O Porriño, Tui, Tomiño,
A Guarda, O Rosal, Oia, Baiona, Nigrán, Vigo, Redondela, Soutomaior, Vilaboa,
Moaña, para rematar en Cangas, na Alameda Vella. Serán 180,5 quilómetros.
Ningún comentario:
Publicar un comentario