7 de ago. de 2014

A GUARDA

CULTURA

ENTREGADOS OS PREMIOS DO XXVIII CERTAME DE POESÍA FELICIANO ROLÁN VICENTE

O poeta e xornalista Amando García Nuño, de Madrid
Foto: José Ángel Gándara Rodríguez

Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

  O salón de actos do Centro Cultural e Social de A Guarda acolleu o martes día 5 de agosto, ás 21:30 h., un acto poético musical organizado pola meritísima Agrupación Cultural Guardesa, no decurso do cal foron entregados os premios de XXVIII Certame de Poesía Feliciano Rolán Vicente.

Rocío Leira Castro, de Cee (A Coruña)
Foto: José Ángel Gándara Rodríguez
  Como xa informamos oportunamente, o xurado, formado por Manuel Ángel Pombal Diego, doutor en Bioloxía, profesor e investigador na Área de Bioloxía Celular da Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo; María Asunción Vázquez Vicente (Chuny), poeta e pintora; María Fernanda de Santiago Moure, licenciada en Filoloxía Galego Portuguesa; Fátima Pérez Sobrino, licenciada en Filoloxía Hispánica; María Soledad Diz Amil, licenciada en Xeografía e Historia e bibliotecaria do Concello da Guarda, acordou conceder o 1º premio a Amando García Nuño, poeta e xornalista de Madrid - ainda que de ascendencia segoviana - polo poema “Tu nombre si me atrevo”, presentado baixo o lema: Martín de Arranz. 

  O 2º premio correspondeulle a escritora e poeta Rocío Leira Castro, de Cee (A Coruña), polo poema “A hipérbole do teu corpo”; e o 3º premio foille outorgado a escritora e poeta Yose Álvarez-Mesa, de Salinas (Asturies), polo poema “Clave de sol”, presentado o certame co lema “Waiting in the weeds”. Como queira que non puido acudir ao acto de entrega de premios, deu lectura o seu poema á poetisa e excelente recitadora, Carmen de Jesús García Pereira (Carmeliña), de Vigo, á quen o xurado lle outorgou un áccesit polo poema “Xa nada é coma sempre”.

Carmeliña García Pereira, de Vigo 
Foto: José Ángel Gándara Rodríguez

  Compre salientar que tódolos premiados posúen un amplo currículo literario, avalado non somentes pola obra publicada, senón polos numerosos premios acadados.

 O grato evento cultural, que xa é un clásico no verán guardés, foi presentado por Manuel Santos González, e contou coa actuación da Banda Infantil da Agrupación Musical da Guarda, dirixida polo profesor José Antonio Soutelo Muñoz.

Ningún comentario:

Publicar un comentario