DEIXADEZ E ABANDONO NO PARQUE INFANTIL DOS BECHOS
- Así o constata o Grupo Municipal de Converxencia Galega, con representación no Concello de A Guarda
Calquer paseo que se dé polo noso pobo, amosa unha nova deficiencia, cando non é lixo por todas partes é báculos de iluminación sen tapa de seguridade, beirarrúas esnaquizadas, xardíns abandonados e outras “maravillas” do Goberno Municipal do PSOE co Sr. Freitas a cabeza, nunha demostración da deixadez e abandono en que se atopa o Concello de A Guarda.
Reportaxe fotográfica: Grupo Municipal de Converxencia Galega no Concello de A Guarda
Nalgúns lugares, por estar fora do paso maioritario de veciños/as polo que a situación pasa moitas veces desapercibida, pero noutros casos, a imaxe é tan evidente que non deixa lugar a dúbidas do que espresamos no apartado anterior.
Despois de facer pública esta situación, voltaremos a escoitar críticas de empregados municipais, falando de que a quen debemos atacar é aos “responsables políticos”. ¿Acaso non é o que facemos? O Alcalde e Concelleiros liberados, que cobran salario de tódolos guardeses, son os que teñen a obriga de velar e facer conservar as instalacións públicas, esa é unha das responsabilidades que teñen, e cando non as cumplen, como é neste caso, Converxencia Galega, ten a obriga de denunciar a situación, que perxudica a imaxe de A Guarda, cando queremos presumir de ser unha vila turística e que o Equipo do Goberno Municipal cada vez a maltrata máis, deixando que a situación se deteriore e marque un amplo retroceso cos demais pobos dos arredores.
Reiteramos que unha imaxe vale máis que mil palabras, a vista está a situación deste parque que servía como desafogo para aquelas familias que acudían con nenos/as a Alameda do século XXI (repelente ante a que tíñamos do século XIX) para que os infantes poideran entreteñerse no parque.
A inversión feita, está totalmente destrozada, e corresponde aos/as veciños/as de A Guarda sacar as súas conclusións sobre si existe abandono e deixadez de funcións. Este e outros exemplos os atopamos en moitos puntos do noso pobo, e somentes nos resta, agradecer aos veciños/as que persoalmente, por teléfono ou por outros medios, nos fan coñecer a situación a que ten sometido o Grupo Municipal do PSOE as distintas e diversas instalacións públicas.
A Guarda, a 22 de xullo do 2.014
Xosé María Martínez Rodríguez
Responsable Local de Converxencia Galega
Sr. Alcalde-Presidente do Concello de A Guarda
Ningún comentario:
Publicar un comentario