22 de ago. de 2014

A GUARDA

UNHA GUARDESA AFIRMA QUE O CONCELLO DE A GUARDA INCUMPLE DE MANEIRA FLAGRANTE, REITERADA E VOLUNTARIA O REGULAMENTO XERAL DE CIRCULACIÓN

Ven de presentar un escrito no rexistro municipal de entradas salientando que os pasos sobreelevados ou reductores de velocidade non se adaptan á normativa establecida polo Ministerio de Fomento



Infogauda / A Guarda

 Unha veciña de A Guarda, cuia indentidade nos consta, ven de presentar no Rexistro Municipal de Entradas do Concello de A Guarda, unha comunicación na que afirma o seguinte: 

 "(... ) Que dende fai anos este Concello ven incumplindo de maneira flagrante, reiterada e voluntaria o Reglamento Xeneral de Circulación, en especial el Art. 5 que convirte en obstáculos prohibidos os resaltos en pasos de peóns e as bandas transversais que non cumpran coa normativa básica establecida ao efecto por o Ministerio de Fomento.

 Estos pasos sobreelevados ou reductores de velocidade, non se adaptan á normativa establecida polo Ministerio de Fomento na súa orde do 23 setembro de 2008, que establece que: Os reductores de velocidade serán "unha plataforma trapezoidal de 10 centímetros de altura como máximo, construida en formigón ou material asfáltico, cun máximo de 4 metros de largo e unhas rampas de subida e baixada de entre 1 e 2,5 metros, dependendo do límite de velocidade existente: 1 metro para límites de 30 Km.; 1,5 mts. para 40 Km. y 2,5 mts. para velocidades de 50 Km. 



 Asimesmo dende o 30 de octubro de 2008, os badéns novos deben contar nas travesías e no seu entorno con señalización vertical e horizontal. Ademáis, os novos badéns deberán dispoñer de iluminación nocturna para garantir a sua visibilidade, localización e presencia de peatones por parte dos conductores.

 Que en numerosos puntos da vila existen pasos sobreelevados (...)",  "(...) que incumpren dita normativa, supoñendo un grave risco para peóns e vehículos, e en consecuencia pueden provocar accidentes graves.

 A Disposición transitoria única da Orden do Ministerio de Fomento 3053/2008, do 23 de septembro, determina que "no prazo máximo de dous anos dende a entrada en vigor desta instrucción todos os dispositivos existentes na Rede de Estradas do Estado relacionados co contido da Instrucción que se aproba por esta orden deberán ser adaptados ao disposto en ela". En consecuencia a data 30 de octubro de 2010 todos os dispositivos reductores de velocidade existentes e de nova construcción en dita localidade deberán adaptarse a dita Orden.

 SOLICITO: Que se dé cumprimento a dita normativa e se proceda a desmontaxe e/ou adecuación dos resaltos e obstáculos situados na estrada e señalización da velocidade para que se adapten a normativa vixente e deixen de constituir un risco para peóns e conductores (...)".

 Desde á Redacción de Infogauda agradecemos á guardesa que tivo a ben redactar o escrito que vimos de reproducir, prácticamente na súa totalidade - e que a súa vez quixo que o publicásemos neste xornal dixital -, polo seu civismo en tentar de "facerlles ollar" os que teñen responsabilidades públicas, que nin todo vale, nin todo está ben, o faga quen o faga. 

 Coidamos que algúns persoeiros públicos deberían demostrar un pouco máis de celo nos seus correspondentes cometidos, para tentar evitar inconvintes e riscos inncesarios os usuarios das vías públicas. E sobor de todo, correxir ás presuntas deficiencias que poidan existir. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario