20 de ago. de 2014

A GUARDA

¡¡ISO SI QUE UNHA REFERENCIA “TURÍSTICA”!!



Arghazo amoreado na Praia do Carreiro
Reportaxe fotográfica: Grupo Municipal Converxencia Galega / A Guarda

Despois de escoitar alghunhas queixas de veciños/as que frecuentan a Praia do Carreiro, quixemos comprobar a gravedade da situación, e os “resultados” non poden ser máis “clarificadores” para unha localidade que pretende ser unha referencia turística de primeira liña, como alternativa laboral e económica para o futuro, dada a situación que a desaparición dunha boa parte da flota de altura, está deixando de ser o motor financieiro local.




Cando as nosas autoridades se “enchen a boca” falando que non esforzándose para convertir en realidade as referencias de ser EDEN, Referencia Turística de Calidade, ¿¿Bandeira Azul??, e outros títulos que quedan apagados pola deixadez e abandono que se atopa por todas partes, especialmente nas praias máis “locais” dentro do casco urbán, a donde acuden maioritariamente familias con nenos/as menores pola garantía e seguridade para bañarse no lugar.



Como se poden observar nas fotografías que acompañan a este escrito, sobran os comentarios da deixadez que preside o Concello na figura do Sr. Alcalde e da Concelleira (multifuncional) e de Turismo, no que cada vez, podemos atopar as  maiores carencias de diversa índole.



Dende Converxencia Galega queremos deixar plasmado a situación actual, donde se poden atopar “regalos perrunos” por todas partes, vasos rotos dende o remate das Festas do Monte, argazo podre por todas partes, restos da basura recollida polo persoal municipal abandonada dende fai datas, pedras e cascallos no medio da area, e outras moitas maís probas de que cando se fala de abandono, é usar unha palabra moi suave para o que acontece na maioría das nosas “bandeiras azules” e outros areais do noso pobo.

A Guarda, a 18 de agosto de 2.014

Xosé María Martínez Rodríguez
Responsable Local de Converxencia Galega

Sr. Alcalde-Presidente do Concello de A Guarda

Ningún comentario:

Publicar un comentario