13 de ago. de 2014

A GUARDA

¿SERÁN NOVAS ATRACCIÓNS PAISAXÍSTICAS?


Reportaxe fotográfica: Grupo Municipal Converxencia Galega / A Guarda

 Nestes días, estamos lendo en diversos medios de comunicación, como a Administración Autonómica, anuncia unha serie de subvencións para a mellora do paisaxe naqueles espacios da Rede Natura 2000, entre os que se encontra o noso pobo.

  Según as declaracións do responsable da Xunta: Queremos aproveitar o atractivo económico e turístico que hai detrás da natureza. Esta é a nosa meta: ordenar e mellorar o noso entorno. 



  Despois destas declaracións, e tras escoitar a opinión de varios/as veciños/as para coñecer un “punto de referencia” donde desenrrolar un proxecto para plantexar ditas inversións. O “lugar preferente” con bastante ventaxa sobre os demais, é o vial que temos o arredor das vivendas sociais do Muíño de Abaixo, especialmente na banda que sube dende a sede do Clube de Remo “Robaleira”, xa que, namentras a plazoleta interna e o outro lateral, parece que se acordaron deles e procederon a desbrozar e cortar as herbas. 


  Consideramos que no mesmo prosuposto, poderían abrir dúas partidas máis, por unha banda a limpeza “integral” da rúa e por outra o arranxo, reposición e pegamento das baldosas, xa que, das que hai, a maioría está solta e noutros casos, rota, así como tamén o bordillos das mesmas. 



  Dende Converxencia Galega, queremos deixar claro, que as queixas que plantexamos son única e exclusivamente responsabilidade dos Concelleiros –liberados e pagados con cartos públicos- de Vías e Obras e do de Servicios, ainda que logo, estes fagan comentarios e “chascarrillos” cos empregados municipais, escondendo a súa incompetencia xa que serían eles  quenes teñen que impartir as órdenes das obras, reparacións e actividades a desenrrolar polo persoal municipal.

  A Guarda, a 13 de agosto do 2.014 

    Xosé María Martínez Rodríguez 
           Responsable Local de Converxencia Galega        

Sr. Alcalde-Presidente do Concello de A Guarda

Ningún comentario:

Publicar un comentario