25 de mar. de 2014

ECONOMÍA

Galicia bate récords de depósitos nos bancos, que pecharon 600 oficinas en tres anos



Billetes de euro 
CC BY Alegri


O mito da tendencia ao aforro da sociedade galega semella ser máis ca un mito, o mesmo que o apego da poboación do país polas entidades financieras máis próximas ao territorio -cando as había-. Os datos de depósitos bancarios ofrecidos polo Banco de España e peneirados polo Instituto Galego de Estatística amosan como, tras dous anos de lixeiras caídas, os depósitos bancarios en Galicia volveron ascender en 2013 e non só a valores anteriores ao estourido da crise económica, senón moi por riba destes, ata o punto de bater récords. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario