25 de mar. de 2014

A GUARDA

O BNG pide o apoio á petición de indulto para os traballadores Carlos Rivas e Serafínn Rodríguez

A negativa do Consello de Ministros contrasta coa laxitude coa que lles concede indultos a persoas condenadas por delictos de corrupción”

Infogauda / A Guarda

 O Bloque Nacionalista Galego presentou unha moción na que solicita que o Concello da Guarda se declare a favor de que o Consello de Ministros conceda o indulto para Carlos Rivas Martínez e Serafín Rodríguez Martínez.

 Para o BNG o Xulgado do Penal nº 1 de Vigo ditou unha sentenza na que se condeaba inxustamente aos sindicalistas Serafín Rodríguez e Carlos Rivas, a penas de tres anos pola súa participación nunha folga do transporte no marco da negociación do convenio colectivo de Pontevedra.
 As principais centrais sindicais solicitaron o indulto o pasado mes de decembro. Indulto que lles foi denegado.
 “Esta dicisión do Consello de Ministros contrasta coa laxitude coa que lles concede indultos a persoas condenadas por delictos de corrupción como banqueiros ou cargos políticos, sinalou Xan Lois Lomba Alonso, portavoz municipal do BNG.
 Ante esta situación o BNG considera que o pleno do Concello da Guarda, como representante da cidadanía do noso concello debe pronunciarse inequívocamente a favor de que o Consello de Ministros tome en conesideración a petición que acaban de reiterar os sindicatos maioritarios e miles de galegos e galegas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario