25 de mar. de 2014

A GUARDA

CONVERXENCIA GALEGA PREGUNTA:

TAN DIFÍCIL É LIMPAR  “A RIBEIRA”?
        
            Dende fai días, familias con críos pequenos que acuden a “curva” da Ribeira e na rampa de acceso a mesma, lugar que usaban para tomalo sol e bañar alí as criaturas, téñense dirixido o Sr. Alcalde para solicitar que se proceda a quitar o “verdello e o argazo” que se acumulou  nas últimas marexadas  e galernas que revolveron o fondo do porto.

            Dada a situación actual, os veciños/as do lugar, teñen que extender as toallas polas pedras, e xogando co “ramalazo” do vento para que non os atufe o cheiro da descomposición do argazo, nin o ataque de moscas e outros “avións” que acuden ao banquete.

            Noutras ocasións, foi visto persoal municipal ou unha empresa cún tractor recollendo o argazo alí existente por orden do Concello, pero parece ser que neste momento, a situación e distinta e por parte do Alcalde, a resposta é que aquilo é de Portos de Galicia e que si o queren limpo que reclamen a Xunta.

            Non se entende a contestación que da a máxima autoridade local, pois por esa regla de tres, tería que replantearse a limpeza do paseo, cando os “beneficios” das terrazas as leva Portos, e aquí silencio e no máis alá “gloria” (ou aplausos).

            De todolos xeitos, debería ter en conta que as persoas que nos visitan, cando fan comentarios sobre a suciedade, falan do pobo de A Guarda e non do Ente portuario, así que quen debería dirixirse a outras instancias e da maneira máis urxente, é quen ostenta a representación deste pobo. Chegarán a poñerse dacordo sobre o “despelote do tráfico” no paseo e nos arredores?

            Cando nestas datas escomenzan, aproveitando o bó tempo, a chegar visitantes, non sería o momento de organizar a circulación e aparcadoiros nesta zona? 

      Hai cousas que non precisan moita ou ningunha inversión, senón a vontade de facela, pero polo que se ve, no noso pobo fai moito tempo que o Goberno Municipal esgotou as ideas e as ganas de facer cousas para mellorar a calidade de vida dos veciños/as, usando calquer disculpa para xustificar o estado de abandono das súas funcións.

A Guarda, a 14 de marzo do 2.014


  Xosé María Martínez Rodríguez “Chechu”
Responsable Local de Converxencia Galega

 Sr. Alcalde-Presidente do Concello de A Guarda

Ningún comentario:

Publicar un comentario