A quen corresponda no Concello de A Guarda
Subindo por o Camiño do Cancelón, a 80 metros mais ou menos por riba das escaleiras que comezan na Rúa Coruña, atópase o que se mira na foto adxunta.
Penso que a parede que está a piques de derrubarse en calquera momento é considerablemente perigosa.
Si se derruba cando non pasa ninguén, só atrancará o camiño e nada máis, o problema é se cae cando pase xente.
Fago esta queixa para que os que teñen que tomar medidas as tomen, e fágoo público por este medio coa esperanza de que algún membro do goberno lea isto e llo comunique a quén corresponda para que trate de arranxar a parede canto antes.
Ir ao Concello e entregar un escrito con rexistro de entrada, sería o máis correcto, pero con este goberno sería como escribir na auga. Teño a experiencia de que nunca me contestaron a ningún escrito, nin para ben nin para mal, o que me fai pensar que nin se molestan en léelos.
Anselmo Martínez Pena
NIF (omitido voluntariamente por Infogauda)
Ningún comentario:
Publicar un comentario