24 de maio de 2012

A GUARDA

A DEPUTACIÓN APOIA CON 3.000 EUROS A PARTICIPACIÓN DO CB MECALIA ATLÉTICO GUARDÉS NA LIGUILLA DE ASCENSO Á DIVISIÓN DE HONOR DE BALONMÁN
A deputada provincial Begoña Estévez asinou hoxe un convenio de colaboración da Deputación de Pontevedraco Club de Balonmano Femenino Mecalia Atlético Guardés, por medio da súa presidenta, Esperanza Iglesias Vilachá, para apoiar con 3.000 euros os gastos derivados da súa participación na liguilla de ascenso á División de Honor de balonmán.


O Mecalia Atlético Guardés xogará os partidos de volta da devandita liguilla os días 25, 26 e 27 de maio en Valencia. Xa disputou os encontros de ida en Valladolid gañando os tres partidos que xogou contra o Asisa Málaga Costa del Sol, o Valencia Acequip e o Esportiu Castelldefels.



Agora, o equipo _que partiu hoxe para Valencia_ espera rematar a faena e conseguir o ascenso á División de Honor, unha vez que veu a demostrar que é un dos equipos máis sólidos da División de Honor Plata Feminina.
A axuda da Deputacióntén en conta non só a meritoria laboura do equipo guardés e o apoio ao deporte, senón tamén a proxección turística da provincia e de A Guarda, en particular, que o clube ven facendo cos seus éxitos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario