29 de out. de 2011

A GUARDA

O GRUPO MUNICIPAL DE CONVERXENCIA GALEGA PRESENTOU UNHA MOCIÓN PARA ADOITAR MEDIDAS QUE EVITEN ATROPELOS DE TRÁFEGO NO RURAL




Infogauda / A Guarda


Para seu debate na vindeira sesión plenaria, a concelleira portavoz do Grupo Municipal de Converxencia Galega, no Concello de A Guarda, Beatriz Estévez Álvarez, ven de presentar no rexistro municipal de entradas á seguinte moción:



En virtude do desposto no artigo 97.2 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, para a súa aprobación se procede a seguinte M O C I O N:

PREVENCION CONTRA ATROPELOS DE TRÁFICO NO RURAL

As condicións meteorolóxicas adversas que impiden moitas veces unha correcta visibilidade na estrada e, a elevada dispersión da población nas zonas rurais sitúan a nosa terra a cabeza no índice de feridos e falecidos por atropelos de tráfico de España.

Segundo os datsos do 061 e da Dirección Xeral de Tráfico, o ratio de falecidos en atropelos en Galicia é o dobre que o da media estatal.

Desgraciadamente o Concello de A Guarda non é inmune a esta situación e os accidentes de tráfico deste tipo danse a miúdo no noso concello dunha maneira habitual. As situacións de risco as que as veces están expostos os viandantes e ciclistas guardeses –fundamentalmente na zona rural- fan incómodo para moitos deles o tránsito polos nosos camiños e estradas, especialmente durante as noites ou os días con condicións meteorológicas desfavorables. O risco agudízase máis ainda cando falamos de persoas de avanzada idade ou menores de edade.

Durante varios anos o Concello de A Guarda levou a cabo un Plan de Educación Vial centrado nos nenos/as nos centros escolares. Os resultados de ditas actividades, levadas a cabo por membros da Policía Local so se poden considerar de altamente positivos.

Por todo elo;

O Grupo Municipal de Converxencia Galega, instamos a adopción dos seguintes ACORDOS:

Levar a cabo un Plan de Educación Viaria donde se destaque unha campaña que leve por nome Faite Ver destinada a prevención contra os atropelos de tráfico.

Esta campaña será destinada os/as nenos/as en edade escolar así como tamén a grupos de maiores, especialmente aqueles que teñan por hábito camiñar e/ou circular en bicicleta polas estradas, a fin de conseguir que esta actividade a fagan de xieto máis seguro.

Dar continuidade as campañas de reparto de brazaletes e chalecos reflectantes para que así poidan facerse ver mellor e camiñar polas estradas e camiños dun xeito máis seguro, e polo tanto menos incómodo, especialmente naqueles espacios donde non existen beirarrúas.

Incorporar esta campaña Faite Ver dentro dun Plan de Educación Viaria que tódolos anos a Policia Local impartirá entre os escolares guardeses.


A Guarda, a 20 de Octubro do 2.011


Rexistro de Entrada nº 6550 do 27-10-2011


Sr. Alcalde-Presidente do Concello de A Guarda.

1 comentario:

  1. Bea,no sólo e presentar mocións como esa, na cual dende STOP ACCIDENTES levamos uns cuantos anos loitando para cada ano axa menos mortes e atropelos no Rural.¿Porqué non presentas unha sobre os Graves Problemas de Seguridad Viaria que temos da nosa vila e que padecemos moitos Veciños incluida TÍ e que tanto como veciño e como socia de dita Asociación e outros veciñ@s levamos denunciando que se solucionen pra beneficio de TODOS?

    ResponderEliminar