“ALGO MÁIS QUE UN ESPECTÁCULO”
Frantasmas, “un novo xeito de entender a comedia en Galicia”, estréase o vindeiro mércores en Vigo
Jéssica Beiroa / Vigo
O próximo mércores día 3 de novembro, a cidade de Vigo é a elixida para a estrea a nivel nacional deste espectáculo. Será no marco da programación de outono da Universidade, ás 18:30 no auditorio Vidal Bolaño e con entrada de balde, cando Fran, Fran e Fran poñan a funcionar a maquinaria do humor que é Frantasmas.
Co-dirixido polo mestre de humor David Ottone (Yllana) Frantasmas “é algo máis que un espectáculo”. Segundo o autor e director da obra, Xosé Lueiro, “é un novo xeito de entender a comedia en Galicia” seguindo o ronsel que compañías como Sexpeare, Capa i Espasa, Pez en Raya ou a mesma Yllana marcan a nivel estatal.
O gag, o absurdo, os efectos sonoros, as influencias cinematográficas e media ducia de irreverentes personaxes “farán as delicias do público máis esixente”, amplía Lueiro.
Un antigo caserón de estilo victoriano reproducido a gran formato é a nosa cámara dos horrores particular…unha espectacular escenografía onde as cadeiras se moven soas, as chimeneas ocultan escuros pasadizos e os cadros observan os inquilinos da casa prognosticando terribles asasinatos.
A historia narra as peripecias dun matrimonio composto por un antropólogo inglés (Otis) e unha soprano americana (Lady Margarett) que viaxan a Inglaterra para tomar posesión dun vello caserón familiar. Trala súa chegada, na casa son recibidos por un sinistro mordomo (Aristóbulo) e unha explosiva ama de chaves (Cástula) que lles informan dunha estraña maldición familiar...
O público, un actor máis
A cuarta dimensión, o quinto Beatle, a terceira perna... o espectador de Frantasmas é “algo máis que un espectador”... é un colaborador necesario que se mete na pel dun personaxe para axudar a esclarecer o misterio.
“…Ciumes, traizóns, venganzas, luxuria, amor e morte…” a maldición familiar semella confirmarse coa repentina morte da nova propietaria. Lady Margarett –asesinada- e polo que o seu marido contrata os servizos dun detective (Inspector Bonatarda) cuxa investigación rematará por dificultar aínda máis o esclarecemento dos feitos…

Frantasmas na Rede Galega de Teatros e Auditorios
Desde a oficina de venda e distribución teatral de Culturactiva SCG, entidade que actúa como distribuidora de “Frantasmas”, infórmase asimesmo que este espectáculo estará dispoñible para a súa contratación en 2011 a través da Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Ademais de Vigo, o venres día 5 poderemos volver gozar cos “Frantasmas” no auditorio Noela de Noia ás 21 horas.
FICHA TÉCNICA
Compañía: Produccións A Contrabutaca
Autor: Xosé Lueiro
Director: Xosé Lueiro
Colaboración especial na dirección e asesor cómico: David Ottone
Elenco: Fran Campos, Fran Rei e Fran Ameixeiras
Técnica teatral: Comedia
Duración aproximada do espectáculo: 60 minutos
Espazo: Interior
Formato: Medio Formato Público obxectivo: Non recomendado menores de 14 anos

Ningún comentario:
Publicar un comentario