27 de xuño de 2010

A GUARDA

O SECRETARIO XERAL PARA O DEPORTE ASISTIU A SINATURA DO CONVENIO DE COLABOURA DA EMPRESA MECALIA COA S. D. DE REMO RÍAS BAIXAS
A tripulación e técnicos da S. D. de Remo Rías Baixas pousan co empresario José Manuel Silva Vicente, amosando a nova palamenta que patrocina a industria Mecalia, S. L.

A dereita da imaxe, o secretario xeral para o Deporte, da Xunta de Galicia, José Ramón Lete Lasa e José Manuel Silva Vicente, propietario da empresa Mecalia, S. L., co-patrocinadora da S. D. de Remo Rías Baixas


Infogauda / A Guarda
O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa e o presidente da Federación Galega de Remo, José Prada Álvarez, asistiron o pasado sábado día 26 deste mes, á presentación oficial do equipo da S. D. de Remo Rías Baixas para esta tempada. O acto de presentación - que contou tamén coa presenza dos adestradores Luís Currá, de Meira, e Benigno Silva, de Cabo de Cruz, que ademáis é o presidente da S. D. de Remo Rías Baixas; así como dunha representación do Club de Remo Robaleira, de A Guarda -, tivo lugar nas instalacións da empresa Mecalia, S. L., coa presenza do seu director xeral, José Manuel Silva Vicente, que xunto con Rianxeira, do Grupo Jealsa, e Xacobeo 2010, son os patrocinadores da traíña da S. D. de Remo Rías Baixas.
A preguntas de Infogauda, o adestrador Benigno Silva, dixo que o equipo da S. D. de Remo Rías Baixas participará na Liga Galega Feminina de traiñas; na Liga Euskotren e na Bandeira de La Concha.
Asemade, existe a posibilidade de que este ano a Federación Española de Remo, bote a andar o Trofeo FER, paso previo para o Autonómico e o Nacional.
Compre salientar que a S. D. de Remo Rías Baixas está en posesión do premio Deporte Galego o mellor equipo feminino 2009 e súa traiña foi a gañadora das dúas edicións precedentes da Bandeira de La Concha.

Ningún comentario:

Publicar un comentario