19 de xuño de 2013

A GUARDA

CONVOCATORIA PARA A CONSTITUCIÓN DUNHA PLATAFORMA CONTRA O PORTO DEPORTIVO NO PASAXE (CAMPOSANCOS-A GUARDA)


Este venres, 21 de xuño, ás 20.30 horas, no local de ANABAM vai ter lugar unha xuntanza á que están invitadas a asistir aquelas persoas que están en contra da creación dun porto deportivo no Pasaxe, Camposancos, co obxecto de constituír unha Plataforma que loite contra este pretendido proxecto que, sen lugar a dúbidas traerá, de chegar a ser unha realidade, conflitos cos pescadores, no soamente polo atraque senón á hora de faenar. Ademais de privatizar uns terreos públicos nos que hoxe podemos andar libremente, así como un mínimo de 20.000 metros cadrados dunha lámina de auga que pasa a propiedade privada. Tampouco podemos esquecer o impacto ecolóxico e acústico que isto suporá para unha zona que ten unha ampla gama de denominacións outorgadas e solicitadas por organismos oficiais e concedidas, precisamente, pola riqueza e diversidade écolóxica deste enclave, como son as seguintes: LIC (Lugar de Interese Comunitario); Rede Natura; ZEPA (Zona de especial Protección para as Aves); ZEPVA (Zona de Especial Protección dos Valores Naturais); Lugar Edén; Refuxo de Fauna.
 Agustín Ferreira, en representación de ANABAM

A GUARDA

A AGRUPACIÓN MUSICAL DE A GUARDA ORGANIZA CURSOS DE MÚSICA


CAMPOSANCOS

ENCAIXE DE BOLILLOS

A SOCIEDADE OS AMIGOS ORGANIZA UN CURSO INFANTIL DE INICIACIÓN 


VALENÇA

Câmara vai requalificar Largo junto à Lua de Mel


            Vitor Salvador / Valença

           A Câmara Municipal de Valença procedeu à aquisição de um terreno  no Largo junto à Lua de Mel, pelo valor de 110 mil euros. Uma aquisição vital para a requalificação desta área da cidade de Valença.
         A parcela adquirida já foi objeto de uma profunda limpeza e ultima-se a preparação do espaço para um parque de estacionamento provisório. A autarquia tem já, também, preparado um projeto de requalificação para a área que solucione os problemas de circulação e estacionamento, bem como proporcione um traço mais urbano e humanizado a esta praceta e ruas adjacentes. Em breve serão consultados os condomínios dos edifícios que ladeiam o largo junto à Lua de Mel de modo a se encontrarem as melhores soluções não só para a intervenção na praceta, circuitos de tráfego, mas sobretudo o reordenamento dos acessos às garagens dos respetivos edifícios.
         A aquisição deste terreno soma-se a outros adquiridos pela autarquia, ao longo deste mandato e que se apresentaram como fundamenteis para a requalificação urbana da cidade. Das aquisições destaca-se a última parcela de terreno do recinto do Campo da Feira, que há mais de 15 anos estava pendente de acordo com os proprietários.  Um terreno fundamental para fechar o anel do Campo da Feira.

         Para Jorge Salgueiro Mendes, Presidente da Câmara Municipal de Valença “Esta intervenção de fundo vai proporcionar melhores acessibilidades, um novo traço urbano, mais funcional, moderno e humanizado que beneficie os residentes e seja motivo de atratividade para o comércio”.

VALENÇA

Valença com Primavera / Verão Ativo
1500 já participaram nas atividades

Vitor Salvador / Valença

         A Eurocidade Valença Tui está a promover o “Junho / Julho Ativo” com uma vasta oferta de atividades desportivas e recreativas que já contaram com a participação de mais de 1500 pessoas.
         A IIª Eurocidade 10, o BTT da Eurocidade, o Trilho Pedestre de Real e a conferência “Podologia e a Atividade Física Saudável”, foram algumas das atividades que já marcaram o calendário de atividades do programa “Junho / Julho Ativo”.
         Valença a Pedalar em Família é a próxima grande iniciativa que decorrerá a 23 de junho, na Ecopista do Rio Minho. Um co                                                                                                                                           nvite para descobrir os encantos ambientais e patrimoniais deste percurso verde, classificado como a quarta melhor via verde da Europa.
         Caminhadas, noites saudáveis, com demonstrações de aeróbica, pilates, zumba e várias conferências são outras das atividades que vão marcar estes meses as cidades de Valença e Tui.    
         Estas atividades estão dirigidas ao público em geral, sobretudo aos habitantes de Valença e Tui e pretendem promover a atividade física e os hábitos de vida saudável, bem como avaliar a condição física dos seus habitantes.
         O programa “Junho / Julho Ativo” é  uma iniciativa da Eurocidade Valença Tui e conta com a colaboração da Comunidade de Trabalho Norte de Portugal Galiza, da União Europeia e da Xunta de Galicia.
         Para Jorge Salgueiro Mendes, Presidente da Câmara Municipal de Valença, “Hoje, Valença apresenta uma ampla e diversificada oferta desportiva que vai de encontro aos gostos e necessidades da nossa população e é, também, fator de atratividade e promoção da cidade”.

VAL MIÑOR

OS VOSOS VÍDEOS
UNHA ESCOMBREIRA INSALUBRE, PROPIEDADE DO CONCELLO DE NIGRÁN

                                GrupoVIARTV

                         VÍDEO

MEMORIA

Disculpe, estoy haciendo memoria 
León de la Riva y su eterno odio a los mejores

Antonio García Quintana

De la Riva nos muestra sin querer la causa de su rechazo a la recuperación de la memoria histórica: la verdad le deja sin argumentario, y por esta causa intenta, un poco tarde, que personalidades como Antonio García de Quintana continúen sine die en la sombra en que hace más de setenta años intentaron colocarla sus asesinos.

GALICIA

AFECTADOS POLAS PARTICIPACIÓNS PREFERENTES E SUBORDINADAS DE GALIZA

SÁBADO 22  DE 11:00-20:00


ASENTADA NA PRAZA DO OBRADOIRO, EN COMPOSTELA

PROGRAMACIÓN

DAREMOS AS HORAS EN PUNTO CUN MINUTO DE PITADA

11:00-12:00: Chegada das plataformas
12:00-13:00: Intervencións breves de cada plataforma: comunicados, cancións, poemas...Por favor, ide comunicando a vosa intención de intervir, e o tempo que precisedes, para podermos organizalo.
13:00: Lectura do manifesto
13:00-14:00: Intervencións de apoio por parte de persoeiros da cultura: escritores, actores, cantantes, poetas..., ou lectura dos comunicados que nos acheguen
14:00: Foto central coas pancartas nas escaleiras da catedral
14:30-16:00: Tempo de xantar, na propia praza ou por libre nos restaurantes do casco histórico.
16:00-17:00: Adicae convídanos a un pasarúas pola cidade, coincidindo con outros actos simultáneos de protesta polo resto do estado.
17:00-19:00: Asemblea aberta con novas intervencións de membros das plataformas.
19:00: Lectura do manifesto.
19:00-20:00: Intervencións de apoio por parte de persoeiros da cultura: escritores, actores, cantantes, poetas,...
20:00: Nova subida ás escaleiras da catedral despregando as pancartas.


AUTOBUSES DENDE A GUARDA, O ROSAL, TOMIÑO E TUI
SOLICITA PRAZA NO: 620561594, 620878620, 616090632
afectadoscaixanovarosal@gmail.com

PONTEVEDRA

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA
PREVISIÓNS INFORMATIVAS

JUEVES, 20 DE  XUÑO DE 2013

-10:00 horas ……………. A deputada provincial Marta Iglesias asiste á entrega de Premios ás obras do Certame literario Conde Gondomar. Auditorio de Gondomar, R/ Manuel Alonso s/n, GONDOMAR

-11.30 horas ……………. Os deputados provinciais Marta Iglesias e Pablo Baquero, visitan a Asociación SOS Tomiño. Rúa Colón, s/s - TOMIÑO

-12.00 horas ……………. A deputación provincial, Ana Isabel Vázquez, e o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, asisten á presentación da VII Semana Gastronómica de Arcade. Sede turismo Rías Baixas, (Palacete das Mendozas) PONTEVEDRA

-13.00 horas ……………. O Presidente da Deputación, Rafael Louzán asina convenio co Concello de Ribadumia e Concello de Meis en materia de seguridade viaria. Casa do concello de MEIS

-18:30 horas ……………. A deputada provincial Marta Iglesias visita a Asociación de Mulleres Arela de Saxamonde. Escola Vella de Saxamonde, Km. 146 - Nacional 550, REDONDELA

-19:00 horas ……………. A deputada provincial Marta Iglesias visita O Club Deportivo Choco. Campo de fútbol Redondela s/n, REDONDELA


-19:30 horas ……………. A deputada provincial Marta Iglesias visita O Club de remo Chapela. Piscina de Chapela, Lugar da praia de Arealonga 50, REDONDELA

TOMIÑO

GERARDO REBAGLIATI ACTÚA EL PRÓXIMO DOMINGO, EN TRAMUNTANA CAFETERÍA


El domingo os espero para tanguear en los vermuts musicales de Tramuntana Cafetería Cervecería. Vamos calentando motores para a noite de san Xoán. 
Nos vemos el 23 de junio en Tomiño, Plaza da Mina, a las 12.30 h.

PONTEVEDRA

A afluencia á rede de oficinas mantívose en niveis similares aos da primeira xornada
MANTENSE O RITMO DE CONSULTAS NAS OFICINAS DE ASESORAMENTO A AFECTADOS POR PREFERENTES, CON MÁIS DE 100 CONSULTAS NO SEGUNDO DÍA
·       Unha das principais dúbidas é se a venta das accións podería prexudicalos no caso de que acudan á vía xudicial para reclamar o reintegro íntegro dos aforros
·       Os asesores facilítanlle aos usuarios un documento para que, no momento da venta, fagan constar que se reservan a posibilidade de emprender accións legais
As oficinas de asesoramento legal a afectados por preferentes posta en marcha pola Deputación Provincial de Pontevedra e pola Unión de Consumidores de Galicia mantiveron durante a súa segunda xornada de funcionamento o mesmo ritmo de traballo que no primeiro día.
Así, se onte foron 108 as consultas atendidas polos asesores, hoxe foron 102. As expectativas para as próximas semanas, en función do número de persoas que está chamando ou acudindo ás oficinas para pedir cita cos avogados, é que este ritmo se manteña e non se baixe das 100 consultas diarias, aínda que a cifra pode variar en función da complexidade dos casos concretos que se atendan, que poden requirir de máis ou menos tempo de dedicación.
Unha vez máis, a desconfianza nas cifras que a entidade financeira lles ofrece aos clientes en relación á quita e ao canxe das preferentes e subordinadas por accións é un dos motivos que máis preocupa aos usuarios.
Unha boa parte deles acude ás oficinas para que lle verifiquen se os datos ofrecidos na entidade se corresponden coa realidade.
Outro dos temas que preocupa é se a venda das accións para obter liquidez pode prexudicalos no caso de que decidan emprender accións legais para recuperar o seu diñeiro integramente. Nestes casos, os propios asesores lle facilitan ao usuarios un documento de reserva de accións legais, no que fan constar que, aínda que aceptan o canxe e a venta, se reservan o dereito a reclamar por vía xudicial ou arbitral a devolución íntegra dos seus aforros.
Consultas atendidas por área
As oficinas que máis consultas atenderon nesta xornada foron as de A Estrada, con 16 persoas atendidas, e Pontevedra e Cangas, con 14 cada unha.
En Vigo e Redondela atendéronse 12 afectados en cada oficina, en Ponteareas 11, en Tui e Cambados 8 en cada unha e en Lalín, 7.
Cómpre ter en conta que o número de consultas atendido diariamente depende, en boa medida, do perfil e do tipo de consulta do usuario e non tanto do número de afectados que acoden á oficina. Así, por exemplo, as oficinas de Pontevedra, Ponteareas, Vigo, Tui e Redondela son as que están a rexistrar maior número de solicitudes de consulta, mentres que os afectados da área de Lalín están acudindo de forma máis gradual ás oficinas.

O obxectivo da Deputación e da Unión de Consumidores é dar resposta a todos os afectados, polo que o acordo asinado entre ambas as dúas entidades xa establece a posibilidade de prorrogar a vixencia de mesmo en caso de que se considere necesario.

OPINIÓN

Las probabilidades matemáticas de que lo de la infanta sea “un error”

Ignacio Escolar

Supongamos que ha sido un error humano. Supongamos que en realidad han sido cuatro errores humanos consecutivos e independientes, uno detrás de otro y por parte de personas sin relación entre sí: cuatro registradores de la propiedad distintos que tramitaron esas 13 falsas ventas del enredo de la infanta y que enviaron el DNI de Cristina de Borbón a la base de datos de Hacienda por error. De entre unos 46 millones de DNIs españoles, los cuatro se confundieron y escribieron precisamente el de la mujer de Iñaki Urdangarín.

ESPAÑA

El DNI de la Infanta solo pudo confundirse con otro de la Casa Real 


El portavoz del Sindicato de Técnicos de Hacienda (GESTHA), José María Mollinedo asegura que "nadie cree" que sea un "error involuntario" ya que Hacienda, aunque no haga evaluación jurídica, si revisa los datos.

TOMIÑO

X CONCENTRACIÓN DE MOTOCICLETAS ANTIGAS

DOMINGO 23 DE XUÑO,  ÁS 10:00 H. NA PRAZA DO SEIXO


DATA LÍMITE PARA ÁS INSCRIPCIONS: 20 DE XUÑO
TELÉFONO DA ORGANIZACIÓN: 677 526 179

ESPAÑA

Perseguida y humillada en el Ejército tras denunciar a su coronel por abusos sexuales 


 El 8 de marzo de 2012, Día de la Mujer, el Tribunal Militar Central dictó una sentencia sin precedentes: condenó a un coronel a dos años y 10 meses de prisión por un delito de "abuso de autoridad" y "trato degradante" a una capitán que estaba a sus órdenes.

CAMINHA

Gemma Marqués 
"VESPA, PAPEL, TESOURA E FLOR" 
 18 a 24 de junho


Galería de Arte Caminhense / Caminha

Trata- se duma exposição na que há pinturas de Vespas com fundos em ouro, obra nova em papel e também algumas pinturas da serie "Trampantojos", com jornais cortados e com flores pintadas, que tentam enganar o espectador, que não sabe se as coisas estão pintadas ou não. 
Gemma Marqués nasceu em Burgos, mas mora na Guarda, na Galiza. Estudou Belas Artes em Pontevedra e fez um curso de Retratismo na Universidade Complutense de Madrid.

VAL MIÑOR

Posted: 18 Jun 2013 04:31 PM PDT
Vázquez Almuíña solicitou a baixa do Concello do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade “para aforrar 2000 € anuais”, denuncian os nacionalistas. Nembargante, días atrás gastou 16.000€ “nun xantar con xubilados que non ten máis fin que o de fidelizar o voto”, protesta o voceiro do BNG, Xosé Manoel Marcote.
 
Posted: 18 Jun 2013 03:41 PM PDT
pinzas-sos-grobaO grupo parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) esixe á Xunta que de conta do tipo de solicitudes e dos titulares das mesmas relacionadas coa explotación mineira na zona da Serra da Groba entre o Val Miñor e o Baixo Miño. Nomeadamente, solicitan unha confirmación oficial das diversas informacións que dan conta da intención da empresa Medgold Resources Corp. de Vancouver (Canadá), de explotar preto de 80 km2 na Serra da Groba con minas para extraer ouro a ceo aberto.
 
Posted: 18 Jun 2013 03:48 AM PDT
Instalacións de extracción de gas non convencional "fracking"Así se recolle na información publicada onte polo medio colaborador Galicia Confidencial. Trofogás é unha das multinacionais que busca operar canto antes. Xa abriu sucursal en Vigo a través de varias sociedades interpostas. Algunhas desas filiais están baseadas en paraísos fiscais.
O francking comeza a buscar oco en Galicia. Multinacionais que teñen a patente desta técnica de estración de gas buscan socios en todo o Estado. O seu obxectivo é comezar a operar de forma inminente. Unha delas é Trofogas SA. que quere operar en Galicia.
 
Posted: 18 Jun 2013 01:16 AM PDT
18-06-2013-ngb-gondomarUnha vintena de aforristas da Plataforma Gondomar están concentrados ás portas da oficina de Novagalicia Banco nunha mobilización de protesta tras quedar máis de 200 veciños da vila fóra dos arbitraxes de consumo. A medida impide ata de agora a apertura da oficina aínda que transcorre sen incidentes.
 
Posted: 18 Jun 2013 02:17 AM PDT
Desde hai xa máis de dúas décadas traballo como profesora no ensino público e, como sempre apostei pola súa calidade, nunca tiven a menor dúbida en matricular as miñas dúas fillas en centros públicos, tanto de primaria (CEIP Souto Donas) como de secundaria (IES Auga da Laxe). Durante anos comprobei que esta era a mellor opción para elas, dado que lles ofrecía unha formación de calidade, democrática, plural, laica e, aínda que non todo o que eu quixera, na súa lingua materna, o galego.
 

O ROSAL

O BNG do Rosal presenta unha proposta no concello contra a minaría salvaxe e contaminante
 
Hai plans que afectan ao concello do Rosal

Infogauda / O Rosal

O Bloque Nacionalista Galego do Rosal, ven de presentar no rexistro do concello unha proposta, na que solicita da corporación un posicionamento contra da minaría salvaxe e contaminante.

Segundo o grupo nacionalista, a explotación dos recursos mineiros e particularmente dos metais, está controlada por grandes empresas transnacionais que operan baixo criterios especulativos aplicando prácticas neocoloniais. O seu alto prezo nos mercados fai que a explotación e extracción procure beneficio rápido a costa do grave impacto ambiental e riscos para saúde das persoas.

O voceiro nacionalista, Alberte Alonso Pereira, indica que a maioría das explotacións que actualmente perviven en Galiza, foron autorizadas en base a normas aprobadas no réxime franquista, sen ter en conta o aproveitamento sustentábel dos recursos mineiros. O aproveitamento de determinados recursos mineiros debe ser considerado estratéxico, decidido desde Galiza en función dos seus intereses, e tutelado desde os poderes públicos para garantir a sustentabilidade ambiental e social dos proxectos.

Engade Alonso Pereira, así mesmo, que ademais dos plans en marcha que xa hai no país, hai outros, como é o da empresa canadiana Medgold Resources, que afectan tamén ao concello do Rosal.

Asi mesmo, di que os supostos beneficios económicos e de xeración de postos de traballo non compensan os prexuízos ambientais e socioeconómicos derivados doutros recursos naturais e a saúde humana.  Os permisos de investigación ligados á extracción de ouro implican o uso de cianuro, unha substancia altamente tóxica, mesmo letal, un dos principais contaminantes, que pode ter impactos graves e irreversíbeis na saúde humana, no medio ambiente e destrutivos na diversidade biolóxica, e que está prohibido en moitos estados do mundo.

“Existe un clamor para que se suspendan os permisos e concesións en tramitación, que se prohiba a macrominaría a ceo aberto e a minaría con cianuro, ademais da necesidade de estabelecer avais suficientes e seguros de responsabilidade civil que permitan cubrir a situación máis catastrófica que puidese ocorrer. E aínda máis, que Galiza sexa soberana na explotación dos seus recursos, como a minaría”, conclúe.


A GUARDA

SUCESOS

UNS NOVOS DELICTOS CONTRA Á PROPIEDADE EN CINCO COMERCIOS DA VILA EVIDENCIAN QUE OS MEDIOS DE VIXIANZA EXISTENTES SON INSUFICIENTES 

Ademáis das medidas disuasorias que teñen adoitado comerciantes e particulares, faise necesaria unha lexislación que contribúa a frear o aumento da delincuencia.

Infogauda / A Guarda

Arredor das 3:00 da madrugada do martes día 18 de xuño, os amigos do alleo entraron a roubar n´un establecemento comercial sito na rúa Joaquín Alonso Martínez (Praza Nova), especializado en corsetería e prendas de baño, así como noutros catro comercios máis (un de xoguetes, outro de lambetadas e dúas axencias de seguros) de rúas próximas.
Eses roubos veñen a sumarse os que, mesmo con reiteración - xa que en algún estabrecemento comercial teñen entrado en máis de unha ocasión -, se teñen producido nos meses precedentes, e que veñen a por negro sobre branco, á insuficiente dotación de efectivos de vixianza, causando notorios perxuizos os estabrecementos afectados, en particular, e á cidadanía en xeral. Coidamos que alguén deberá tomar ás medidas conducentes para evitar, na medida do posible, que ás estatísticas de delictos contra á propiedade sigan crecendo como non se lembraba.
Non son poucas ás persoas, comerciantes e particulares, que están asumindo os custes que conlevan á implantación de medidas disuasorias, si ben moitos cidadans consideran que ás autoridades competentes deben lexislar de xeito que os autores deste tipo de delictos teñan unhas condeas acordes os quebrantos económicos e sociais que ocasionan. E sobor de todo, que á reiteración delictiva teña como consecuencia un maior rigor nas sentenzas xudiciais condenatorias.

MEMORIA

Xullo do 1936 en Tui 

Monumento ás víctimas da represión, instalado por Silverio Rivas, na Alameda de Tui

Á curta batalla contra os falanxistas seguiu una represión tan longa como vingativa 


  Imaxe retrospectiva da Alameda de Tui

 O 18 de xullo de 1936, tras a proclama do bando de guerra nas diferentes cidades españolas, créase de contado unha Xunta de Defensa Local, en Tui. Segundo o investigador Carlos Fernández Santader, figuraban nela o alcalde tudense Guillermo Vicente de Santiago, o médico Hermenegildo Losada, o deputado agrario Alonso Ríos -que fará de enlace con outros comités de defensa de localidades próximas-, Romero Ulpiano Peña e o cenetista Gumersindo Rodríguez. Preside a Xunta o doutor Losada. Como centro neurálxico para a organización da resistencia vaise utilizar o edificio do Seminario, cuxas instalacións servirán para o abastamento básico de alimentos, ademais de arsenal e polvoriño e aínda de cuartel improvisado para as milicias populares. 
A dotación da patrulleira "Cabo Fradera", comandada polo tenente Joaquín Valera de Eguilaz -posteriormente condenado a vinte anos de prisión-, apoiada polas forzas navais de Camposancos e tamén polo Corpo de Carabineiros -este, baixo o mando do capitán Marcelino Rodríguez Blanco, quen sería fusilado máis tarde-, xuntamente con preto dun centenar de milicianos e unidos a numerosos obreiros e campesiños, decide erguer barricadas. Colocan os resistentes, ademais, minas na estrada desde As Gándaras deica a Guillarei. Cavan igualmente trincheiras e tentan aprovisionarse de canto armamento lles resulta posible xuntar, desarmando logo á Garda Civil, que se pecha na súa casa-cuartel de Tui. Ao tempo, os republicanos establecen unha segunda liña de defensa á altura da Alameda. Mínanse, segundo certas versións, as pontes sobre o río Louro. 
O devandito Carlos Fernández -El alzamiento de 1936 en Galicia- escribe que se reuniron, por parte dos leais á República, uns douscentos fusís: isto é, material que fornecía a outros tantos combatentes, organizados en tres columnas: unha detrás do río Louro, con obreiros e campesiños; outra de carabineiros, mariñeiros e milicianos, a ocuparen o centro; a terceira, na ala dereita, con recrutas armados. 
A ofensiva dos "nacionais" deu comezo o sábado, día 25, con tiroteo salferido de fusís e persistentes ráfagas de ametralladoras, ademais de fogo intermitente de morteiro. Os disparos inícianse arredor das dez da mañá e repítesen de forma escalonada até arredor das cinco da tarde. A pesar de todo o esforzo, a liña de defensa republicana non cae. Tal situación provoca a cólera no bando franquista, que se retira na procura de reforzos logo da perda de sete efectivos e duns trinta feridos; do outro lado contan dous milicianos mortos e tres feridos. 
Ao día seguinte, 26 de xullo, tropas doo XV Rexemento de Artillería Lixeira de Pontevedra veñen reunirse no Porriño con outro destacamento chegado desde Ourense: este último composto por ametralladoras e morteiros. Igualmente, as forzas sitiantes reciben reforzos de varios escadróns de falanxistas voluntarios e tropa procedente de Vigo -cidade que viña de caer en mans do bando rebelde- ao mando do capitán Carreró. En total, aproximadamente, uns seiscentos homes. 
Canonazos -algunha bomba foi caer preto, ou xa da outra beira, de Portugal- e fogo de morteiro, á canda da superioridade numérica, van ser as causas de que rematen definitivamente as barricadas de a Volta da Moura. O bombardeo durou deica ás tres da tarde, momento en que son tomadas as posicións dos leais á República, logo de trinta e seis horas de duro asedio.
Persecución e represión
 A seguir foi asediada a propia cidade de Tui. Unha vez ocupada esta, ficou na praza a sexta batería do devandito Rexemento de Artillería de Pontevedra ás ordes do capitán Eduardo Rodríguez. Conformouse unha Comisión Xestora composta por falanxistas e persoas afíns ao novo réxime. Mentres, as tropas acuartélase momentaneamente no Seminario Conciliar, edificio que tamén servirá de tribunal dos xuízos sumarísimos e cárcere.
Logo da batalla, a persecución e represión dos que nela participaran foi inmediata e persistente. Un tras outro, os supervivintes do bando republicano foron encarcerados ou asasinados. Como vinganza, a Volta da Moura foi o lugar escollido para efectuar as execucións e deixar abandonados os cadáveres. 
A represión cebouse tamén nos dirixentes municipais que se involucraran na resistencia sen utilizar as armas. Asasinado, por exemplo, foi o médico Alejo Diz Jurado, o 30 de outubro. Ese mesmo día tamén pereceron o médico Darío Álvarez Limeses, Manuel Domínguez, Serafín Fernández, Francisco Guinde..., tal e como figuran as súas identidades nun libro de rexistro de presos existente no Arquivo Municipal de Tui. As execucións realizábanse cada amañecer; principalmente, na Alameda. Na actualidade localízase no lugar un monumento conmemorativo que dá memoria daqueles bárbaros acontecementos.