19 de xuño de 2013

VAL MIÑOR

Posted: 18 Jun 2013 04:31 PM PDT
Vázquez Almuíña solicitou a baixa do Concello do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade “para aforrar 2000 € anuais”, denuncian os nacionalistas. Nembargante, días atrás gastou 16.000€ “nun xantar con xubilados que non ten máis fin que o de fidelizar o voto”, protesta o voceiro do BNG, Xosé Manoel Marcote.
 
Posted: 18 Jun 2013 03:41 PM PDT
pinzas-sos-grobaO grupo parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) esixe á Xunta que de conta do tipo de solicitudes e dos titulares das mesmas relacionadas coa explotación mineira na zona da Serra da Groba entre o Val Miñor e o Baixo Miño. Nomeadamente, solicitan unha confirmación oficial das diversas informacións que dan conta da intención da empresa Medgold Resources Corp. de Vancouver (Canadá), de explotar preto de 80 km2 na Serra da Groba con minas para extraer ouro a ceo aberto.
 
Posted: 18 Jun 2013 03:48 AM PDT
Instalacións de extracción de gas non convencional "fracking"Así se recolle na información publicada onte polo medio colaborador Galicia Confidencial. Trofogás é unha das multinacionais que busca operar canto antes. Xa abriu sucursal en Vigo a través de varias sociedades interpostas. Algunhas desas filiais están baseadas en paraísos fiscais.
O francking comeza a buscar oco en Galicia. Multinacionais que teñen a patente desta técnica de estración de gas buscan socios en todo o Estado. O seu obxectivo é comezar a operar de forma inminente. Unha delas é Trofogas SA. que quere operar en Galicia.
 
Posted: 18 Jun 2013 01:16 AM PDT
18-06-2013-ngb-gondomarUnha vintena de aforristas da Plataforma Gondomar están concentrados ás portas da oficina de Novagalicia Banco nunha mobilización de protesta tras quedar máis de 200 veciños da vila fóra dos arbitraxes de consumo. A medida impide ata de agora a apertura da oficina aínda que transcorre sen incidentes.
 
Posted: 18 Jun 2013 02:17 AM PDT
Desde hai xa máis de dúas décadas traballo como profesora no ensino público e, como sempre apostei pola súa calidade, nunca tiven a menor dúbida en matricular as miñas dúas fillas en centros públicos, tanto de primaria (CEIP Souto Donas) como de secundaria (IES Auga da Laxe). Durante anos comprobei que esta era a mellor opción para elas, dado que lles ofrecía unha formación de calidade, democrática, plural, laica e, aínda que non todo o que eu quixera, na súa lingua materna, o galego.
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario