19 de xuño de 2013

A GUARDA

SUCESOS

UNS NOVOS DELICTOS CONTRA Á PROPIEDADE EN CINCO COMERCIOS DA VILA EVIDENCIAN QUE OS MEDIOS DE VIXIANZA EXISTENTES SON INSUFICIENTES 

Ademáis das medidas disuasorias que teñen adoitado comerciantes e particulares, faise necesaria unha lexislación que contribúa a frear o aumento da delincuencia.

Infogauda / A Guarda

Arredor das 3:00 da madrugada do martes día 18 de xuño, os amigos do alleo entraron a roubar n´un establecemento comercial sito na rúa Joaquín Alonso Martínez (Praza Nova), especializado en corsetería e prendas de baño, así como noutros catro comercios máis (un de xoguetes, outro de lambetadas e dúas axencias de seguros) de rúas próximas.
Eses roubos veñen a sumarse os que, mesmo con reiteración - xa que en algún estabrecemento comercial teñen entrado en máis de unha ocasión -, se teñen producido nos meses precedentes, e que veñen a por negro sobre branco, á insuficiente dotación de efectivos de vixianza, causando notorios perxuizos os estabrecementos afectados, en particular, e á cidadanía en xeral. Coidamos que alguén deberá tomar ás medidas conducentes para evitar, na medida do posible, que ás estatísticas de delictos contra á propiedade sigan crecendo como non se lembraba.
Non son poucas ás persoas, comerciantes e particulares, que están asumindo os custes que conlevan á implantación de medidas disuasorias, si ben moitos cidadans consideran que ás autoridades competentes deben lexislar de xeito que os autores deste tipo de delictos teñan unhas condeas acordes os quebrantos económicos e sociais que ocasionan. E sobor de todo, que á reiteración delictiva teña como consecuencia un maior rigor nas sentenzas xudiciais condenatorias.

Ningún comentario:

Publicar un comentario