CONVOCATORIA PARA A CONSTITUCIÓN DUNHA PLATAFORMA CONTRA O PORTO DEPORTIVO NO PASAXE (CAMPOSANCOS-A GUARDA)
Este venres, 21 de xuño, ás 20.30 horas, no local de ANABAM vai ter lugar unha xuntanza á que están invitadas a asistir aquelas persoas que están en contra da creación dun porto deportivo no Pasaxe, Camposancos, co obxecto de constituír unha Plataforma que loite contra este pretendido proxecto que, sen lugar a dúbidas traerá, de chegar a ser unha realidade, conflitos cos pescadores, no soamente polo atraque senón á hora de faenar. Ademais de privatizar uns terreos públicos nos que hoxe podemos andar libremente, así como un mínimo de 20.000 metros cadrados dunha lámina de auga que pasa a propiedade privada. Tampouco podemos esquecer o impacto ecolóxico e acústico que isto suporá para unha zona que ten unha ampla gama de denominacións outorgadas e solicitadas por organismos oficiais e concedidas, precisamente, pola riqueza e diversidade écolóxica deste enclave, como son as seguintes: LIC (Lugar de Interese Comunitario); Rede Natura; ZEPA (Zona de especial Protección para as Aves); ZEPVA (Zona de Especial Protección dos Valores Naturais); Lugar Edén; Refuxo de Fauna.
Agustín Ferreira, en representación de ANABAM
Ningún comentario:
Publicar un comentario