5 de dec. de 2019

TOMIÑO

Charla sobre o coidado do corpo e a alimentación saudable 

O Mercado municipal acollerá o día 18 deste mes, ás 20:00 horas, unha conferencia a cargo de Luz Álvarez  



Infogauda / Tomiño

 A Concellería de Promoción Económica e o Mercado de Tomiño organizan unha charla sobre o coidado do corpo a través dunha alimentación saudable. Colabora Taska Tenda e a entrada é totalmente de balde. A conferencia, a cargo de Luz Álvarez, será o día 18 de decembro ás 20:00 horas, no primeiro andar do mercado municipal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario