Homenaxe aos republicanos defensores da legalidade democrática asasinados polos golpistas
• O próximo 17 de setembro, ás 17:30 horas no cemiterio de Sestás
Como en anos anteriores, Comisións Obreiras e a ARMH do Campo de Concentración de Camposancos e a Fosa Común de Sestás, celebraremos o próximo 17 de setembro unha Homenaxe aos 49 republicanos defensores da legalidade democrática asasinados polos golpistas :
• Ás 17:30 horas faremos unha Ofrenda Floral no cemiterio de Sestás, onde están soterrados os 49 republicanos.
• Ás 19:00 horas, na Sala de Plenos do Concello, o catedrático Xesús Alonso Montero, pronunciará a Conferencia: Páxinas literarias dos presos republicanos en San Simón.
A continuación actuará o Coro “Cantos de Liberdade”.
CCOO pon autobús para o desprazamento á A Guarda que partirá dende o sindicato en rúa Teixugueiras 11 (Vigo), ás 16:30h.
Para ir no autobús tés que anotarte antes do 16 de setembro no teléfono: 986 24 68 00
Ningún comentario:
Publicar un comentario