8 de set. de 2025

DEPORTES

PIRAGÜISMO

O TEIXUGO MANUEL OCHOA, REMATA SEXTO NA CLASIFICACIÓN XERAL DAS COPAS DO MUNDO 

 

Manu Ochoa competindo na cidade xermana de Augsburg

Informa (fotografía e redacción): Rosa Fernández Carrera

 Do 4 ao 7 de setembro, na cidade xermana de Augsburg celebrouse a última das Copas do Mundo de Slálom. As Copas do Mundo son varias competicións que conforman unha liga na que se suman os puntos de cada unha, a mellor posición máis puntos,  esta última puntuaba o dobre cas demais. O domingo 7 foi o día para as probas de caiac cross.  

 O teixugo Manu Ochoa forma parte do equipo nacional de slálom na modalidade de caiac cross. Empezou, o  a súa participación coa xa habitual proba de contra reloxo que determina o pase e posición aos octavos de final. O tomiñés  fixo unha gran baixada, cun tempo so a altura dos mellores, rematando cuarto, a menos dun segundo do primeiro clasificado. En octavos de final, na fase de loitas, tivo unha saída complicada, pero finalmente foi quen de remontar e entrar segundo, pasando de ronda. En cuartos de final, a sorte xa non estivo do seu lado, entrando cuarto e quedando décimo terceiro na clasificación xeral.  

 Na clasificación das Copas do Mundo, suma dos resultados das cinco celebradas, Manu rematou cuarto nas probas contra reloxo e sexto nas de loitas, o que o confirman entre os dez mellores do mundo deste deporte.  

 Nos próximos días, Ochoa, porá rumbo a Penrith, Australia, para preparar o Campionato do Mundo a celebrar do 29 de setembro ao 4 de outubro,  co que rematará esta tempada 2025.

Ningún comentario:

Publicar un comentario